A Alcaldesa reividica en Bazar ao PSdeG como única forza política que defende o rural - PSdeG-PSOE de LUGO

A Alcaldesa reividica en Bazar ao PSdeG como única forza política que defende o rural

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

No encontro, Lara Méndez achegou as diferentes propostas de Leiceaga “para dalle unha resposta nova a Galicia e a Lugo”, a partir do 25 de setembro

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro este sábado con veciños e veciñas en Bazar, onde reivindicou ao PSdeG como única forza política que defende o rural. Así, lembrou que na reunión que mantivo con Feijóo hai máis de 13 meses, plantexou desenvolver o saneamento nas parroquias dun rural, cun cofinanciamento dun 70% a administración autonómica e un 30% a entidade local, chegando o Concello a facilitarlle distintos proxectos sen obter ningunha resposta da Xunta. “Iso é o que lle importa o rural a Feijóo, quen abocou o peche de máis de 2.600 explotacións gandeiras nos últimos 7 anos coa súa política de non apoiar ao sector lácteo”, lembrou a rexedora.

Méndez solicitou a colaboración aos veciños da zona para decirlle “basta xa ás políticas do Partido Popular e de Feijóo na Xunta” nas vindeiras eleccións do 25 de setembro, ao tempo que lembrou unha por unha as débedas que deixa Feijóo con Lugo. Así mesmo, achegou as diferentes propostas de Leiceaga para darlle unha resposta nova a Galicia e a Lugo.