A Alcaldesa traslada aos representantes por Lugo nas Cortes as necesidades e a débeda histórica que carrexa o Goberno Central coa cidade - PSdeG-PSOE de LUGO

A Alcaldesa traslada aos representantes por Lugo nas Cortes as necesidades e a débeda histórica que carrexa o Goberno Central coa cidade

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

Na xuntanza abordarónse temas como as infraestruturas ferroviarias e a conexións de Lugo con outras cidades, así como o envellecemento da poboación e a empregabiliade

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres un encontro coa Deputada e o Senador por Lugo, Margarita Pérez Hérraiz e Ricardo Varela, respectivamente, para poñer o foco nas necesidades de Lugo, “que realmente se poden solucionar se hai vontade política”, e para trasladarlles a débeda histórica que carrexa o Goberno Central con Lugo desde 2011. Nesta liña, onte mesmo Méndez enviou unha carta ao Ministro de Fomento, Íñigo De la Senra para solicitarlle un encontro e abordar as necesidades da cidade.

Así o destacaron a rexedora, a deputada e o senador nunha comparecencia pública ao finalizar a súa reunión de traballo, na que falaron das infraestruturas tan necesarias para Lugo, como a Intermodal, a Ronda Norte ou da Nacional VI, que son as que fan cidade e verdadeiramente cohesionan o territorio.

Lara Méndez, quen agradeceu a vista dos representantes políticos e a súa preocupación por coñecer de primeira man as necesidades de Lugo, “por desgraza coñecidas e recoñecidas”, asegurou que Lugo é un punto neurálixico de dinamización da provincia e de Galicia, porque é o punto de entrada coa meseta. Por iso na xuntanza se falou da necesidade de dotar á cidade de infraestruturas e servizos ferroviarios, que pasan polo AVE, a mellora de trens de cercanías ou de mercadorías; así como de conexións por estrada, como a A56, de Lugo a Ourense, ou A54, de Lugo a Santiago, para vertebrar a cidade con Galicia.

Máis aló das infraestruturas, Méndez, Herraiz e Varela fixeron fincapé noutros dos grandes problemas dos veciños e veciñas de Lugo, como o envellecemento. Lugo é a segunda provincia que máis envellecemento ten de toda España, e a segunda cidade coas pensións máis baixas de España, onde ademais non hai prazas de residencia públicas. A creación de emprego e empregabilidade tamén foi outro dos puntos que se trataron na xuntanza.

Pola súa banda, Pérez Herraiz reiterou as necesidades da cidade, pedindo que se incorporen nos orzamentos do vindeiro ano do Estado proxectos retirados.

Nesta liña insistiu o senador, quen instou ao Goberno Estatal e Autonómico a apostar por políticas industriais. Ademais, quixo agradecerlle á Alcaldesa que lles trasladara todas as preocupacións do Concello de Lugo en relación co seu desenvolvemento, para que ambos os dous, Senador e Deputada, á súa vez, as trasladen no traballo parlamentario nas iniciativas que presentarán ás emendas dos presupostos.

Declaracións da Alcaldesa de Lugo