A Alcaldesa ve o discurso de Feijóo como “unha verdadeira oportunidade perdida para os lucenses” - PSdeG-PSOE de LUGO

A Alcaldesa ve o discurso de Feijóo como “unha verdadeira oportunidade perdida para os lucenses”

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

Lara Méndez amosouse sorprendida porque Feijóo non abordara a realidade de todos os territorios que conforman Galicia, olvidándose de Lugo tanto no que se refire a infraestruturas, transporte público, sanidade ou servizos sociais

“Vou estar nas solucións e en propoñerlle a Feijóo aquelo que os veciños e veciñas demanden. Non cesarei no meu empeño”, concluíu Méndez, quen asegurou que unha vez se constitúa o novo Goberno “traballaremos na mellora de vida dos galegos e dos lucenses”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, ve como “unha verdadeira oportunidade perdida para os lucenses” o discurso de Feijóo. Así o definiu este mediodía a rexedora, tras amosarse sorprendida porque Feijóo non abordara a realidade de todos os territorios que conforman Galicia, “porque Feijóo tamén é o presidente dos lucenses; e sen embargo, ao falar de infraestruturas que conecten e vertebren Galicia, olvídase de Lugo”.

A rexedora tamén lamentou que Feijóo fale de apostar por mellorar o transporte público, falando da creación dunha Estación Intermodal en Vigo, Ourense, Santiago e Coruña, “volvéndose olvidar de Lugo”, do mesmo xeito que se esquece da chegada do AVE a Lugo, “que pasou de ser unha promesa de Feijóo a un xa se verá”.

Do mesmo xeito, tamén se olvida de Lugo no relacionado coa sanidade. Nesta liña, Lara Méndez lembrou o maltrato do Presidente da Xunta con Lugo, quen tamén fala de ampliar servizos no Hospital da Barbanza, Pontevedra, A Mariña, Ferrol, Santiago e Coruña, non mencionando nin o de Lugo, nin a implantación da Hemodinámica 24 horas.

A Alcaldesa tamén fixo referencia aos maiores, “a aqueles en campaña se lles dixo que en Lugo contaríamos coa primeira residencia pública en case 40 anos, e que agora ven como Feijóo tampouco sabe nada”.

“Eu vou estar nas solucións e en propoñerlle a Feijóo aquelo que os veciños e veciñas de Lugo demanden. Non cesarei no meu empeño e por iso, unha vez que se constitúa este novo Goberno traballaremos para mellorar a vida dos galegos, pero iso si, tamén dos lucenses”, concluíu Méndez.

Declaracións da Alcaldesa de Lugo