José López Orozco reúnese co Colexio de Farmacia e coa Federación de Asociacións Veciñais - PSdeG-PSOE de LUGO

José López Orozco reúnese co Colexio de Farmacia e coa Federación de Asociacións Veciñais

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

A candidatura socialista preséntalles o seu programa electoral e escoita as propostas das dúas entidades

José López Orozco, cabeza de lista da candidatura socialista á Alcaldía de Lugo, mantivo un encontro hoxe co Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, no que tivo a oportunidade de escoitar as súas consideracións sobre a realidade do colectivo, que agrupa a 183 farmacias de toda a provincia.

A Xunta Permanente do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, que preside Ana Prieto Nieto, amosou a súa preocupación pola situación sanitaria da poboación e, especialmente, polo incumprimento das dosificacións médicas pautadas que detectan nos seus clientes. López Orozco comprometeuse a atender as súas demandas a este respecto, tratando de colaborar nas fórmulas que contemplan para paliar esta situación, dentro das posibilidades do goberno municipal lucense.

Reunión Federación de Asociacións Veciños 23.04.2015
Tamén hoxe, José López Orozco, xunto con outros integrantes da lista socialista como Ana Prieto Nieto, Miguel Fernández, Manuel Núñez e Diego Pena reuníronse coa Federación de Asociacións de Veciños de Lugo, conformada por 130 entidades veciñais do Concello e presidida por Jesús Vázquez. O candidato do PSdeG-PSOE de Lugo, anunciou no encontro a creación dos Consellos Parroquiais como entes de representación da voz da cidadanía do rural lucense. ademais, a candidatura socialista recolleu as impresións dos asistentes sobre o mellor xeito de poñer en funcionamento estes Consellos.

Os socialistas lucenses, encabezados por José López Orozco, organizan estas xuntanzas co fin de escoitar as propostas de distintos sectores da sociedade lucense para poder confeccionar un programa electoral cos pés na terra, pegado á realidade, no que se sinta representando o conxunto da cidadanía.