Lara Méndez sobre o novo Goberno de Rajoy, “continuísta, cun escaso perfil político e fatídico para o emprego e o municipalismo” - PSdeG-PSOE de LUGO

Lara Méndez sobre o novo Goberno de Rajoy, “continuísta, cun escaso perfil político e fatídico para o emprego e o municipalismo”

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

Un goberno continuísta, cun escaso perfil político e fatídico para o emprego e o municipalismo. Así definiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a composición do novo Executivo de Rajoy.

“A partir de hoxe xa temos interlocutores para seguir reivindicando as necesidades e demandas históricas do Goberno Central coa cidade de Lugo”, asegurou a rexedora ao tempo que lamentou que ditos interlocutores tiveran un perfil político baixo, e máis aínda nun momento difícil e complicado como o actual, no que se require diálogo para afrontar os problemas e a situación complexa existente.

Ademais, Lara Méndez tildou de continuísta ao Executivo, pois persisten no Goberno ministros como Fátima Báñez, que deixa España con 104.300 ocupados menos dende o 2011, cunha situación de desempregao malo e con condicións salariais e laborais pésimas; así como Cristóbal Montoro, “que tanto dano lle fixo á administración local e aos Concellos de todo o territorio español”.