Manuel Núñez: “O PP intenta confundir á cidadanía sobre as obras na rúa Mazaira con demagoxia barata” - PSdeG-PSOE de LUGO

Manuel Núñez: “O PP intenta confundir á cidadanía sobre as obras na rúa Mazaira con demagoxia barata”

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, denunciou este sábado que “o Partido Popular intenta confundir á cidadanía de Lugo sobre as obras na rúa Mazaira con demagoxia barata”.

Manuel Núñez lamentou esta actitude do PP, preguntándose “cómo teñen o descaro de dicir que conseguiron onte un compromiso para que se arranxara esta rúa, cando as obras xa estaban licitadas e adxudicadas”.

Neste senso, o propio edil nunha rolda de prensa, celebrada o 20 de outubro, anunciou que o Concello licitaba as obras no treito da rúa Mazaira con Camiño Verde, e noutra rolda de prensa, celebrada o 10 de novembro, comunicou que a entidade local adxudicara estas tarefas”.