Miguel Fernández: “O PP redobra os seus insultos aos lucenses anunciando por enésima vez unha Comisaría na Residencia” - PSdeG-PSOE de LUGO

Miguel Fernández: “O PP redobra os seus insultos aos lucenses anunciando por enésima vez unha Comisaría na Residencia”

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

“Promete de novo aos veciños esta dotación o mesmo día que soubemos que o Goberno non lle destina nin un só euro, nada, nos Orzamentos do Estado”

O voceiro municipal do PSdeG, Miguel Fernández, denunciou este xoves que o Partido Popular “redobra os seus insultos á intelixencia dos lucenses” porque  “o mesmo día que coñecemos que o Goberno de Madrid non destina nin un só euro á Comisaría da Residencia, nin un só euro, nada, o PP, co subdelegado do Goberno e a concelleira e deputada autonómica Encarna Amigo á cabeza, volven a prometerlle aos veciños e veciñas do barrio, por enésima vez, que no Vello Xeral se habilitará unha Comisaría, ademais doutras dotacións que levan igualmente prometendo hai anos e anos e para as que nunca deron ningún paso”. “Só promesas, dilacións, enganos e fume, cortinas de fume para tapar outros incumprimentos, como a hemodinámica 24 horas, o centro de saúde da Milagrosa ou a residencia da terceira idade, entre outros”, subliñou Fernández.

“A onde chegará a desfachatez do Partido Popular? Teñen algún límite as súas mentiras?”, se pregunta o voceiro socialista, que esixiu aos populares que deixen de insultar e discriminar aos veciños e veciñas de Lugo. “Aos responsables públicos hai que esixirlles e esixímoslles máis seriedade e máis responsabilidade”, afirmou.

Declaracións de Miguel Fernández