O COMITÉ PROVINCIAL DO PSDEG-PSOE DE LUGO RATIFICA POR ACLAMACIÓN A CANDIDATURA DE OROZCO - PSdeG-PSOE de LUGO

O COMITÉ PROVINCIAL DO PSDEG-PSOE DE LUGO RATIFICA POR ACLAMACIÓN A CANDIDATURA DE OROZCO

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

LUGO, 06 DE OUTUBRO. O comité provincial do PSdeG-PSOE de Lugo ratificou por aclamación, esta tarde, nunha xuntanza extraordinaria, a candidatura de José López Orozco á alcaldía de Lugo.

O actual rexedor da capital lucense asegurou que cada vez tiña máis gañas de traballar por Lugo. “Os socialistas sabemos o que queremos. Lugo viu un cambio nunca visto na democracia, cando este equipo chegou a alcaldía. Ningún problema importante desta cidade quedou sen resolver, porque somos un equipo de traballadores, como nunca viu Lugo”.

Por outra banda, o socialista falou de que o PSdeG-PSOE é un partido que traballa e fai xestión na rúa, preto da xente. “Os socialistas non esquecemos o noso orixe, o noso ideario, temos moi claro que temos que gobernar para o conxunto da cidade, para todos. En Lugo, hoxe, hai un goberno diferente a todos os que houbo na democracia nesta cidade. Hai un goberno preocupado polos seus cidadáns, que traballa e camiña rúa por rúa; parroquia por parroquia; e mesmo case me atrevo a dicir veciño a veciño. Os socialistas, este equipo, este goberno, tivemos o despacho na rúa. Estivemos coa xente, recollemos o sentir, o alento, as necesidades da xente. Necesidades que cubrimos”.

Orozco lembrou que “os lucenses deron ao Partido Socialista a confianza nas urnas durante tres lexislaturas, porque sabían que cumpriríamos a nosa palabra, os nosos compromisos, porque seguiríamos traballando por modernizar Lugo e facela unha cidade mellor cada día. Por iso, en maio de 2011 os lucenses volverán a demostrar que confían en nós”.

Por último o candidato a alcaldía de Lugo en 2011 asegurou que non estaba canso e que traballaría con “máis dilixencia e con máis empeño por esta cidade”.