O Grupo Municipal Socialista defende a adxudicación por 25 anos dos postos do Mercado e da Praza de Abastos - PSdeG-PSOE de LUGO

O Grupo Municipal Socialista defende a adxudicación por 25 anos dos postos do Mercado e da Praza de Abastos

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

A medida é necesaria polo aumento da actividade nestas instalacións froito do traballo realizado polo Concello de Lugo e polos comerciantes

O Grupo Municipal Socialista presentou unha moción que se debaterá no próximo Pleno do mes de maio na que promove a convocatoria dun concurso para a concesión de postos fixos na Praza de Abastos e no Mercado Municipal polo máximo de 25 anos que establece a Ordenanza municipal.

O aumento da actividade que se produce nestas instalacións, froito do traballo realizado polo Concello de Lugo e polos comerciantes, e o remate dos catro anos de concesión temporal para moitos adxudicatarios, implican a necesidade de que se produza un concurso de postos fixos.

Os socialistas lucenses tamén consideran importante a finalización do plan comercial das Praza de Abastos, de xeito que este documento poida servir como base para o deseño da futura Praza.

Ademais solicitan a valoración positiva na devandita convocatoria dos investimentos realizados polos actuais adxudicatarios, así como a experiencia no posto, o coñecemento do público habitual e calquera outro criterio que valore a antigüidade do adxudicatario na forma que legalmente se considere oportuna.