O voceiro socialista sinala aos populares: “Coas medias verdades non se gañan as eleccións” - PSdeG-PSOE de LUGO

O voceiro socialista sinala aos populares: “Coas medias verdades non se gañan as eleccións”

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

O Concello de Lugo celebrou este luns día 20 de setembro o terceiro debate do estado do Concello, o último antes das eleccións municipais. Na súa intervención, o Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, José Rábade, asegurou que “mentres nós estamos apostando por tirar adiante por Lugo, o Partido Popular desexa que lle vaia todo moi mal ao Concello, facendo unha oposición ácida, corrosiva e nada constructiva”.

En materia de desemprego, o Voceiro Socialista asegurou que “é a nosa principal preocupación, as persoas” e que dende o Concello se está a facer un enorme esforzo, mentres que dende o PP, en clara alusión ao Voceiro Popular e Parlamentario, non se fixo ningunha proposta ao Parlamento sobre esta materia. Rábade sinalou que “a Xunta baixou os fondos de cooperación, pasando de 600.000 euros a 200.000”, o que significa unha reducción da metade nos contratos de traballo que se poden realizar.

José Rábade recalcou que o de Lugo, “é o Concello máis transparente de Galicia e un dos más transparentes de España en contratación e xestión económica”, segundo os datos da ONG Transparencia Internacional. Do mesmo xeito, o Portavoz Socialista destacou que a pesar da crise, “hai en Galicia 27 municipios pequenos cunha débeda por habitante maior que a de Lugo”, e referiuse por exemplo o Concello de Cervo e Quiroga, ambos gobernados polo Partido Popular. José Rábade indicou que mentres “O Concello de Lugo e a Deputación traballan por Lugo, a Xunta reduciu, no 2009, a contratación de obras nun 57%, mentres que o Goberno de España aumentou as transferencias do Estado un 10% para axudas ás economías municipais”. De feito máis da metade da intervención do Presidente da Agrupación Local Socialista de Lugo, José López Orozco, estivo centrada no investimento social e no fomento do emprego,.

En referencia ao expediente do Hospital, o Portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE, afirmou que “dende o PP quere construírse unha cortina de fume, e non hai nada que esconder, os trámites son correctos”. José Rábade suliñou que “o importante é que o hospital abra as súas portas o antes posible” e asegurou que esa debería ser a finalidade dende todos os grupos. Por iso, recalcou, “reclamamos a Xunta que dea prazos concretos para o inicio do funcionamento desta obra fundamental para Lugo”.

A mesma transparencia foi a que salientou Rábade respecto ao programa Lugo10, “un programa financiado integramente con cartos privados e cun enorme esforzo por parte das empresas que patrocinan o programa”, que pretende conmemorar os dez anos dende a declaración da Muralla Romana como Patrimonio Mundial.

En canto o Plan Paradai, Rábade aclarou datas, e asegurou que “incluso co verán no medio, non se pararon os trámites”. Así, o Concello recibiu o proxecto da Xunta de Galicia o 11 de maio, e remitíulles un documento onde se solicitaba a subsanación das deficiencias que viñan nos planos do proxecto. Foi o 19 de maio cando a Xunta de Goberno Local aprobou as expropiacións. O 16 de xuño a Xunta de Galicia enviou os novos planos, que houbo que revisar de novo, e o 21 de xullo aprobouse inicialmente o proxecto. Despois foi exposto ao público durante 20 días, e o pago das expropiacións faranse o 23 de setembro.