Os socialistas abordan na Casa Sindical de Lugo as súas propostas de emprego - PSdeG-PSOE de LUGO

Os socialistas abordan na Casa Sindical de Lugo as súas propostas de emprego

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

Fixérono nunha mesa sectorial, na que participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o voceiro provincial do PSOE, Álvaro Santos, o candidato ao Senado pola provincia de Lugo, Ricardo Varela, e o Conseller de Traballo Balear, Iago Negueruela

 Algunhas propostas: derogar a Reforma Laboral, novo Estatuto dos Traballadores, plans de choque de emprego, inserción laboral, formación e acreditación de mozos sen a ESO, subir o salario mínimo interprofesional, eliminar os falsos autónomos e falsos bolseiros ou recuperar a negociación colectiva como instrumento de igualdade e equilibrio

 Os socialistas abordaron este luns na Casa Sindical de Lugo as súas propostas de emprego. Fíxerono nunha mesa sectorial na que participaron a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, o voceiro provincial do PSOE, Álvaro Santos, o candidato ao Senado pola provincia de Lugo, Ricardo Varela, e o Conseller de Traballo Balear, Iago Negueruela.

Lara Méndez, encargada de abrir as intervencións da mesa sectorial, denunciou a diferencia na taxa de desemprego entre mulleres e homes, tanto en España, en Galicia como en Lugo, onde hai máis de 7.700 desempregados, un 55% mulleres fronte ao 45% de homes, “un problema que se suma a outras desigualdades de xénero, como a retribución salarial, que no caso das mulleres é un 18% inferior á dos homes”. A Rexedora propuxo interceder no emprego feminino, tratando a dependencia como o cuarto alicerce no benestar da sociedade, así como incrementando o salario.

A Alcaldesa tamén lamentou o malgasto dos recursos públicos feito nos últimos anos polo PP, pois “invístese en formar aos mozos máis de 20.000 euros dende que nace, para regalar as persoas máis preparadas a outros países, unha fuga de cerebros que custa ao Estado 4.000 millóns de euros”.

A rexedora tamén aproveitou para lembrar a aposta polo emprego do Concello, “a pesar de ser unha competencia impropia”, que pasa non soamente por ofrecer un viveiro de empresas, o CEI-NODUS, que funciona para facilitar o autoemprego, senón investindo 1,2 millóns de euros nun plan de emprego 100% municipal, que se porá en marcha nos vindeiros meses, así como por outras iniciativas de emprego, como o obradoiro Emprega TIC, un plan de apoio integral ao desempregados en colaboración con EOI ou o encontro YOUNG LAB dirixido a idear fórmulas contra o desemprego xuvenil.

Lugo seguen sen importarlle a Feijóo e a Rajoy

Santos Ramos remarcou que “na nosa provincia hai mesma cantidade de parados que hai 5 anos. No ano 2011, a provincia de Lugo tiña 22.000 parados, os mesmos que ten agora. É dicir, en 5 anos, os gobernos do PP de Feijóo e Rajoy non fixeron absolutamente nada por frear estas cifras. Nin unha medida, nin unha soa proposta”.

O voceiro provincial socialista criticou que o PP non fixo nada para promover o tecido empresarial na nosa provincia. “Lugo ten que ter as bases suficientes para que poida desenvolverse”. E puxo como exemplo a creación dunha industria transformadora do leite. “Aquí só saen os camións cargados de leite. Nesta provincia tiñan que realizarse todo o proceso de transformación deste produto e non quedarnos só na produción”.

“Hai que estimular o tecido produtivo. Á vista dos resultados, a Feijóo e a Rajoy non lles importa Lugo”. Por último, aludiu ao programa Ben Empregado, impulsado pola Deputación de Lugo e dirixido aos desempregados lucenses. “Este proxecto é un exemplo do compromiso dun equipo de goberno serio e rigoroso con esta provincia”.

O candidato socialista ao Senado, Ricardo Varela, salientou que “o Partido Popular realizou o ataque máis brutal dende a democracia ao modelo de relacións laborais existente no noso país. Hai máis paro, máis precariedade, máis desproteccións dos traballadores e unha maior caída salarial”. Varela fixo estas declaracións logo da celebración dunha mesa sectorial sobre emprego, que tivo lugar na   Casa Sindical de Lugo, e na que tamén participaron o Conseller de Traballo Balear, Iago Negueruela, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o voceiro provincial socialista, así como Deputado de Promoción Económica e Social, Álvaro Santos Ramos. Xuntos abordaron as principais propostas do PSOE en materia de emprego.

Varela indicou que “na nosa provincia hai 13.000 ocupados menos que hai 4 anos” polo que se preguntou que “fixeron Feijóo e Rajoy?”…. “o único que fixo o PP foi ir en contra dos dereitos dos traballadores”, remarcou.

O candidato ao Senado afirmou que si  Pedro Sánchez é o vindeiro Presidente do Goberno de España “comprometemos a derrogar, con carácter inmediato, os aspectos da reforma laboral do Partido Popular, que establecen un modelo de emprego precario e de baixos salarios, así como un sistema de relaciones laborais sen equilibrio de poder entre traballadores e empresarios”.  Os socialistas aprobarán, con base no Diálogo Social, un novo Estatuto dos Traballadores que, concibido como unha Carta de Dereitos dos Traballadores, inclúa, xunto ás condiciones laborais clásicas conquistadas, novos dereitos de seguridade e saúde no traballo, segredo das comunicacións ou propiedade científica e intelectual, entre outros aspectos.

Máis propostas

Varela referiuse a outras propostas como, por exemplo, poñer en marcha un Plan de Choque de Emprego e Inserción Laboral para reducir o paro estrutural; un Plan de Choque para a formación e acreditación de competencias dos mozos sen titulación de ESO; subir o salario mínimo interprofesional para que acade, en dúas lexislaturas, o 60% do salario medio neto; eliminar a figura dos falsos autónomos; rematar coa figura dos falsos bolseiros; loitar contra a precariedade con 3 tipos de contratos (indefinido, temporal e de formación); garantir a igualdade salarial entre traballadores de empresas principais e de servicios ou recuperar a fortaleza da negociación colectiva como instrumento de igualdade e de equilibrio de poder entre los traballadores e o empresario”, entre outras.

Introducir cláusulas sociais nas empresas públicas

O Conseller de Traballo Balear, Iago Negueruela, asegurou que o PSOE degorará a reforma laboral. Adiantou que Baleares foi a primeira en impulsar un plan contra a explotación laboral, co que se aumentando as inspeccións, entre outras medidas, que esta tendo moito froitos. Criticou que a reforma laboral do PP, pois trouxo consigo temporalidade e precariedade. Advertiu que hai traballadores que co seu salario non poden chegar a fin de mes. Tamén explicou que unha das medidas do seu goberno “foi introducir cláusulas sociais nas empresas públicas co fin de non permitir que empresas poidan competir coas que teñen convenios sectoriais”.