O Pleno esixe a modernización e mellora dos servizos ferroviarios en Lugo e converter o Cuartel de San Fernando en Museo da Romanización - PSdeG-PSOE de LUGO

O Pleno esixe a modernización e mellora dos servizos ferroviarios en Lugo e converter o Cuartel de San Fernando en Museo da Romanización

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

A través de dúas proposicións presentadas polo Goberno municipal socialista, o Pleno insta ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia a asumir estes compromisos coa cidade

O Pleno do Concello de Lugo aprobou este xoves dúas proposicións presentadas polo equipo de goberno municipal socialista, unha que lle esixe ao Ministerio de Fomento a mellora dos servizos ferroviarios en Lugo, e outra que lle esixe á Xunta de Galicia converter o Cuartel de San Fernando en Museo da Romanización.

Deste xeito, o Pleno aprobou unha proposición na que esixen ao Ministerio de Fomento a modernización e mellora dos servizos ferroviarios en Lugo, o que se produce tras coñecer o informe do Eixo Atlántico sobre o ferrocarril na provincia de Lugo, presentado publicamente e avalado polo catedrático da Universidade da Coruña, Miguel Rodríguez Bugarín, no que se pon de manifesto o atraso ferroviario que afecta á cidade e á provincia, que quedaron fóra do proxecto de modernización deste medio de transporte.

Ademais, o Pleno tamén acordou instar á Xunta de Galicia a colaborar para establecer no Cuartel de San Fernando o Museo da Romanización. Neste senso, solicita que a administración autonómica asuma o compromiso que ten adquirido dende hai anos para facerse cargo do edificio, co fin de solicitar canto antes os diferentes proxectos de rehabilitación, escavación e museográfico, así como a dotación económica para levalo a cabo.