O PSdeG pedirá no Pleno do xoves que a Xunta permita aos veciños da zona rural compartir o bus escolar - PSdeG-PSOE de LUGO

O PSdeG pedirá no Pleno do xoves que a Xunta permita aos veciños da zona rural compartir o bus escolar

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

O grupo municipal atende a demanda da veciñanza do Burgo, San Xoán do Alto, Poutomillos, Bacurín, San Pedro de Mera, Prógalo, Santa Eulalia de Bóveda e Vilachá de Mera

O grupo municipal do PSdeG no Concello de Lugo defenderá no Pleno ordinario deste xoves unha proposta na que pide á Xunta de Galicia que permita aos veciños e veciñas da zona rural compartir os bus escolar co fin de facilitarlles os desprazamentos á cidade. Os socialistas atenden deste xeito a demanda expresada pola veciñanza das parroquias do Burgo, San Xoán do Alto, Poutomillos, Bacurín, San Pedro de Mera, Prógalo, Santa Eulalia de Bóveda e Vilachá de Mera.

O voceiro socialista e Concelleiro Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, explicou que a supresión da liña de bus regular entre Palas e Lugo “provoca que as persoas que queiran desprazarse á cidade teñan que facelo en vehículos particulares ou taxis, co agravante de que moitos destes veciños e veciñas son persoas de avanzada idade, que non dispoñen de vehículo propio”.

Fernández subliñou que permitir aos veciños a utilización do servizo de transporte escolar “é unha solución que xa se ten adoptado noutros concellos de Galicia, o que redunda na mellora da calidade de vida da nosa zona rural”.

Así mesmo, o voceiro indicou que o grupo municipal socialista tamén solicitará que a Xunta amplíe este servizo á época non lectiva.

Declaracións de Miguel Fernández