O PSOE defende en Lugo que é a única formación que garante un “si polo cambio” o 26 de xuño - PSdeG-PSOE de LUGO

O PSOE defende en Lugo que é a única formación que garante un “si polo cambio” o 26 de xuño

Share on FacebookTweet about this on TwitterEmail this to someone

“Nin Podemos nin Ciudadanos teñen un proxecto para Galicia. Os galegos quedamos descartados. Necesitamos interlocutores en Madrid que defendan as necesidades dos lucenses: o AVE, a intermodal, o sector lácteo…; que loiten para saldar as débedas históricas con Lugo e defendan que non somos cidadáns de segunda”, engadiu Méndez

Campos destacou que “vamos a celebrar unhas eleccións xerais, que os cidadáns na súa maioría non querían, porque as forzas políticas que se presentaron como as do cambio opuxéronse a el. Non foron capaces de poñerse de acordo co PSOE, cando os socialistas lles fixemos propostas que coinciden co que estes partidos din defender”

Varela remarcou que “hai un partido que sumiu aos españois no inferno; outros que prometen un ceo utópico e un, que é o PSOE, que promete facer o que fixo sempre: recuperar a igualdade e a xustiza. Somos un partido socialdemócrata, que representa o movemento político europeo que sempre resolveu os problemas que xera a dereita”

O PSdeG-PSOE de Lugo defendeu este martes na capital luguesa que é a única formación que garante un “si polo cambio” o 26 de xuño. A Alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, engadiu que “o PSOE é o único que garante un cambio real e efectivo no país” e remarcou que “necesitamos interlocutores en Madrid que defendan as necesidades dos lucenses: o AVE, a intermodal, o sector lácteo…; que loiten para saldar as débedas históricas con Lugo e defendan que non somos cidadáns de segunda, como nos trata o PP dende o Goberno Central e a Xunta”.

“Vamos a celebrar unhas novas eleccións xerais que os cidadáns, na súa maioría, non querían. E facémolo porque as diferentes forzas políticas que se presentaron como as do cambio, como Podemos ou Ciudadanos, opuxéronse a el. Non foron capaces de poñerse de acordo co PSOE, cando os socialistas lles fixemos propostas que coinciden co que estes partidos din defender. Pedro Sánchez foi o único que tentou un goberno de cambio, o único que buscou consenso e acordo dende o principio e ata o final, durante os últimos 6 meses; o consenso e o acordo ao que nos pediron chegar os cidadáns o 20 de decembro. O 26 de xuño temos que ter en conta ademais, que nin Ciudadanos nin Podemos teñen un proxecto para Galicia. Os galegos quedamos descartados con estas formacións”. Así o subliñou o Presidente da Deputación de Lugo, o tamén socialista Darío Campos Conde.

Lara Méndez e Campos Conde  acompañaron aos compañeiros das candidaturas do PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, encabezadas por Margarita Pérez Herraiz e Ricardo Varela. Xuntos fixeron un percorrido polas rúas da capital luguesa, que partiu de diante do Consistorio lugués e ata a Praza de Abastos, no que escoitaron aos cidadáns e lles explicaron o “si polo cambio” que garante o proxecto galego do PSOE.

“O inferno, o utópico e o imposible”
Ricardo Varela sinalou que “hai un partido en España que sumiu aos españois no inferno durante 4 anos. Hai un partido que promete un ceo utópico e imposible. E hai un partido, que é o PSOE, que promete facer o que fixo sempre: recuperar a igualdade e a xustiza; todo o que perdemos nos últimos 4 anos por mor do PP e de Rajoy. Espero que os españois non lle dean unha nova oportunidade ao Partido Popular e espero que opten pola única vía posible que pode desaloxar a Rajoy da Moncloa: o PSOE”.

“Antes do 26 de xuño, é preciso avaliar o traballo que ten feito o PP durante 4 anos e medio de durísimo castigo a toda a cidadanía deste país, aos parados, aos enfermos, aos estudantes… Tamén temos que pensar que estamos nesta situación, cunhas novas eleccións xerais, porque houbo forzas políticas, que por riba presumen de esquerda, que impediron un goberno socialista en España e abriron unha segunda oportunidade a Rajoy. É importante que os cidadáns estuden estas responsabilidades antes da cita coas urnas. O PSOE está aquí para dicirlle á xente que somos un Partido Socialdemócrata que representa o mellor da socialdemocracia europea, o movemento político sempre tivo que saír a resolver os problemas que xerou a dereita: desigualdade e  inxustiza”.

Perfil dos candidatos ao Congreso
1.- Margarita Pérez Herraiz. Naceu en Lugo en 1955. Graduada social diplomada e funcionaria dos corpos xerais da Xunta. É militante do PSOE dende 1977. Tivo responsabilidades na executivas locais e nacionais. Foi membro do Comité Nacional galego entre 1992 e 2013 e do Comité Federal entre 2008 e 2012. Foi Deputada autonómica entre 2001-2005 e é Deputada nas Cortes.

2.- Iago Fernández Peña:  Ten 25 anos e é do Valadouro. É Técnico de Emerxencias Sanitario e traballa no servizo de transporte de urxencias 061. Con tan só 18 anos, decidiu afiliarse ao PSOE. Hoxe é o Secretario de Organización da agrupación socialista no Valadouro. É a primeira vez que concorre a unhas eleccións xerais, así como a primeira vez que o fai nos primeiros postos dunhas listas do PSOE, pois nas municipais de 2011 e 2015 fíxoo nos últimos postos ou de suplente.

3.- Marta Jato Díaz: Naceu en Lugo en 1967.  Licenciouse en Medicina e Cirurxía, e é especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, así como en vacinas. Ten Máster en Saúde Pública e en Avaliación de Tecnoloxías Sanitarias. Traballa no Servizo de Medicina Preventiva do Hospital Lucus Augusti.  Milita no PSOE dende hai máis dunha década. É a Secretaria de Organización da agrupación local de Lugo.

4.- Rodrigo Pavón Prieto. Ten 29 anos. É de Vilalba e avogado. No 2013, afiliouse ao PSOE e pasou a ser membro da Executiva Local de Vilalba. Ese mesmo ano, conseguiu retomar as Xuventudes Socialistas neste Concello chairego. Nos pasados comicios municipais, foi de número 4 na listaxe dos socialistas polo municipio vilalbés. Estrease como candidato ás eleccións xerais.

Os suplentes son: María Ángeles Veiga Varela; Jesús Vázquez Tallón; Marina Ramudo Graña; José Ángel Rico Álvarez, Julia García Prado, Luis Angel Lago Lage.

Perfil dos candidatos ao Senado
1.- Ricardo Jacinto Varela Sánchez: Nace en Lugo en 1955.  Foi Deputado autonómico entre 2001 e 2005, Conselleiro de Traballo de 2005 ao 2009, ademáis de membro do Consello Galego de Relación Laborais e do Consello Económico e Social de Galicia. É Senador.

2.- Darya Fernández Gómez: Ten 25 anos, é de Becerreá e estuda Medicina. Afiliouse ao partido con tan só 18 anos e foi elixida Secretaria Xeral da agrupación de Becerreá, converténdose na persoa máis nova de España en asumir esta responsabilidade, que mantén na actualidade.

3.- Manuel Dacosta Ribera: Naceu en 1959 en Barcelona, pero en 1985 trasládase a Pantón, onde nacen seus pais e onde vive dende entón. É empresario. Milita no PSOE dende 2006. É Secretario Xeral da agrupación local de Pantón. É a primeira vez que concorre nas listas das eleccións xerais.

Os suplentes son: Horacio Rouco Ferro, Isabel González Blanco, Maria José Vales Garaloces, Ramón Campos Rodríguez, Pablo Núñez González e María Sol Morandeira Morandeira.

Declaracións da Alcaldesa de Lugo