A Agrupación Local de Lugo lamenta fondamente o falecemento da compañeira e alcaldesa Paula Alvarellos.

Queremos expresar a nosa profunda dor polo repentino pasamento de Paula, alcaldesa de Lugo e compañeira exemplar.

Paula non só foi unha gran alcaldesa, sempre comprometida cos problemas da cidadanía e co avance da cidade, senón tamén unha militante moi traballadora, unha persoa próxima, leal e disposta a sumar en todo momento.

A súa perda é dura, inxusta e inesperada. Pero a súa pegada quedará en Lugo e no noso partido. Desde a Agrupación Local atoparemos a mellor maneira de honrar a súa memoria: traballando con responsabilidade e compromiso pola cidade que tanto amou e pola que tanto lle gustaría seguir traballando.

O noso cariño e forza para a súa familia, amizades e para toda a veciñanza de Lugo.

Un profundo abrazo.