Lara Méndez lamentou profundamente que “non respeten máis á lealdade institucional, intentando desacreditar a toda costa aos representantes lexítimos doutras institucións”

A Alcaldesa, Lara Méndez, amosa a súa perplexidade ante as declaracións da Presidenta da Deputación, Elena Candia, sobre a xuntanza que quere manter con ela, logo de que esta afirmara que a data deste encontro non se puido concretar por problemas de axenda, cando o certo é que dende a institución provincial chamaron por primeira vez á Alcaldía este mesmo venres, 18 de setembro para concretar unha data para a súa celebración.

En relación á afirmación de Elena Candia na que manifesta que dende a Deputación se respondeu con celeridade, a Alcaldesa pon en dúbida que “mandar a carta de solicitude de xuntanza o 24 de agosto e non recibir resposta ata case un mes despois, mentres se pretende sexa contestado o mesmo día da recepción da solicitude, non semella nin celeridade nin o debido respeto institucional”.

A Alcaldesa amosa a súa disconformidade coa maneira de facer política que teñen no actual equipo de goberno da Deputación, ao tempo que lamentou que “non se repete máis á lealdade institucional, intentando a toda costa desacreditar aos lexítimos representantes doutras institucións”.