
José López Orozco presentou hoxe o vídeo da campaña electoral na Praza Maior
José López Orozco, candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Lugo e os demais integrantes da lista socialista deron a coñecer hoxe o vídeo da campaña electoral para as eleccións municipais do 24 de maio.
A cinta, gravada en diferentes espazos do Concello, resume en tres minutos o compromiso da candidatura socialista para afrontar o goberno de Lugo nos próximos catro anos e traballar polas veciñas e veciños lucenses, amais do seu “orgullo por facer un Lugo de todas e todos”. Así, López Orozco e o seu equipo renovado e con ilusión e vontade de construír o Lugo do futuro apostan polas persoas, polo traballo, pola participación cidadá, polo medio rural e o medio ambiente, poñendo en valor a cultura e o patrimonio e crendo na iniciativa empresarial.
López Orozco e a súa candidatura confesan no vídeo da campaña municipal a súa paixón por Lugo e convidan á cidadanía lucense a participar no seu proxecto integrador de Concello e a crer no Lugo orgulloso de si mesmo.