O Xulgado acordou sobreseer a investigación ó Alcalde polas falsas denuncias de Jorge Dorribo

“Sabía que esto ía acabar así” dixo López Orozco que tamén se felicitou polo sobreseemento da investigación a unha funcionaria municipal

López Orozco amosou o seu agracedemento a todas as persoas que o apoiaron nestes catro meses e ós funcionarios municipais pola súa defensa da legalidade

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, deu a coñecer hoxe a decisión do Xulgado de instrucción número 3 que acordou sobreser as dilixencias abertas por este Xulgado para investigar as falsas denuncias de Jorge Dorribo contra o rexedor municipal.

“Sabía que esto tiña que acabar así”, manifestou o Alcalde na rolda de prensa na que deu conta do auto xudicial que recibiu hoxe e na que lembrou que foi el mesmo quen comunicara á opinión pública, o día 12 de marzo, a súa imputación neste caso.

“Hoxe acabo de recibir o auto que sobresee a causa ou, por dicilo nunha linguaxe menos formal, que quedo desimputado na peza separada do caso Campión e volvo dicir o mesmo que daquela: son inocente e, agora, tamén o dí a Xustiza”, manifestou o Alcalde. Tamén aproveitou para reiterar a súa confianza na Xustiza, da que dixo que “sempre hai que crer na Xustiza, porque ó final, por moi mal que nolo faga pasar, a Xustiza chega”.

López Orozco amosou, ademais, a súa ledicia porque o Xulgado de instrucción número 3 acordou, noutro auto, o sobreseemento da causa contra unha funcionaria municipal que tamén fora imputada e manifestou que o único que fixo esa traballadora do Concello foi “defender os intereses de todos os cidadáns”.

O Alcalde explicou que lle pediu ós seus avogados que “tan pronto como sexa posible procesalmente continúen coa denuncia contra ese señor que me denunciou tan inxustamente”, porque “non se pode consentir que se calumnie ós demais, aínda tratándose dun imputado” e destacou que “a Constitución ampara o dereito a non dícir a verdade pero non dá dereito a calumniar nin a difamar”.

López Orozco volveu insistir hoxe en que nun Estado de dereito como o español os cidadáns gozan da presunción de inocencia. “Ratifícome no que vos teño dito, se eu era inocente, e fun tan inxustamente tratado, creo na inocencia de todos os imputados e, ata que a Xustiza se pronuncie, nunca se pode facer un xuizo”, dixo e sinalou tamén que, “neste momento recordo á oposición, ó señor Presidente da Xunta e a outros membros do seu Goberno que pedían a miña cabeza, hoxe está máis claro que a pedían inxustamente”.

O Alcalde recalcou que “non se pode xulgar nin xogar coa honorabilidade de ningunha persoa, por moito interese político que poida haber en destruir esa persoa”. “Agardo que lles sirva de lección”, manifestou ó tempo que recoñeceu que “a mín, desde logo, serviume e sempre dixen que se eu era inocente tamén cría na inocencia dos demais, pero non todos fomos tratados do mesmo xeito”.

Na súa comparecencia, que tivo momentos moi emotivos e á que asistiron un grupo de concelleiros do Grupo municipal socialista, o Alcalde agradeceu o apoio que recibiu neste tempo de “todos os compañeiros que creron en mín, os membros do Partido Socialista que sempre souberon que a miña actuación é conforme ó Dereito”. Tamén tivo un recoñecemento para os funcionarios do Concello dos que dixo que “é unha sorte ter uns funcionarios que saben defender a legalidade por riba de calquera circunstancia, eles son a miña garantía”. Expresou asímesmo a súa gratitude “ós medios de comunicación que informaron do que realmente pasaba” e ós cidadáns de Lugo, xa que explicou “houbo cantidade de xente que me parou pola rúa neste tempo para dicirme que crían en mín e iso deume forza para seguir traballando nunha época na que sufrín moito”. Ademais, o Alcalde lembrou á súa familia que “non está acostrabada a estas cousas e estiveron ó meu lado sempre, mesmo cando as noticias eran máis duras, porque saben cal é o meu comportamento, esa é a herdanza que recibín e a que lles vou deixar”.

O rexedor salientou que “esta é unha etapa pechada, seguirei traballando pola nosa cidade” e indicou que “eu non gardo rencor, nin siquera a quen tanto dano me fixo, agora serán os tribunais quen dea e quite razóns”.