A edil de Gobernanza, Paula Alvarellos, lembra que a bonificación do 95% nas infraestruturas agrarias xa se aplica desde o mandato pasado e que beneficiou a preto dun centenar de solicitantes.

Alvarellos lamenta a falta de rigor da candidata “que, ademais de ser licenciada en dereito, segue a ser edil de Moñdoñedo, un Concello que ou mal goberna, ou ben o que intenta agora é vir a enganar ás e aos lucenses”.

A concelleira de Gobernanza de Lugo, Paula Alvarellos, lamenta a falta de rigor das propostas fiscais da candidata do PP, Elena Candia, “que ou ben adoece dun descoñecemento brutal sobre a normativa municipal de Lugo e da lei, ou ben intenta enganar á cidadanía lucense. É ignorancia ou mala fe?”. “En ambos os dous casos é impropio de alguén que aspira a gobernar un un concello”, sostén.

Neste senso, a edil lembra que a candidata comprometeuse a rebaixar o 95% do IBI para infraestruturas agrarias ou gandeiras no seu decálogo electoral, medida que xa está aplicando o Goberno de Lara Méndez desde o mandato pasado e da que se beneficiaron case un centenar de explotacións. “E uns días despois, cando alguén lle debeu dicir o ridículo que estaba a facer pedindo algo que xa existe, intenta emendalo cunha nova proposta: que as bonificación sexan de oficio, o que é manifestamente ilegal”.

Alvarellos aclara que esta bonificación atópase perfectamente regulada no texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, onde se fixan os requisitos para optar á mesma, sendo de obrigado cumprimento que primeiro pase a aprobación do Pleno municipal como actividade económica declarada de especial interese ou utilidade municipal, “sempre previa solicitude do interesado”.

A tenenta de alcaldesa amosa, ademais, a súa sorpresa xa que esta proposta procede dunha persoa que aínda é concelleira en Mondoñedo e que estudou dereito, “o que resulta máis grave, porque ou ten un descoñecemento notorio da lexislación ou o que pretende é enganar ás e aos lucenses con cantos de serea que son contrarios á normativa vixente, por non dicir directamente ilícitos”.

Artigo 74.2 quárter do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais: “Los ayuntamientos mediante ordenanza podrán regular una bonificación de hasta el 95 por ciento de la cuota íntegra del impuesto a favor de inmuebles en los que se desarrollen actividades económicas que sean declaradas de especial interés o utilidad municipal por concurrir circunstancias sociales, culturales, histórico artísticas o de fomento del empleo que justifiquen tal declaración. Corresponderá dicha declaración al Pleno de la Corporación y se acordará, previa solicitud del sujeto pasivo, por voto favorable de la mayoría simple de sus miembros”