O Goberno galego foi incapaz de concretar en que ano prevén rematar a ponte nin se ten previsto retomar o convenio desestimado en 2012 de xeito unilateral
Exemplo desta falla de previsión é que Directora Xeral recoñeceu decoñecer os problemas técnicos da empresa aos que aludiu, no seu día, o Conselleiro para xustificar o retraso
Dada a inconcreción manifestada polo Executivo, Concepción Burgo subliña que non se pode confiar neste Goberno que incumpre sistematicamente os seus compromisos con Lugo, e que non ten en conta as reclamacións dos veciños
A deputada autonómica Concepción Burgo- compareceu este xoves na Comisión Segunda de Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, onde instou á Xunta de Galicia a concretar por que, logo de tantas demoras na realización do Plan Paradai, a Consellería aínda non rematou a terceira fase do proxecto; así como cales foron os problemas técnicos aos que aludiu o Conselleiro para xustificar esta supensión; cando ten previsto a Xunta de Galicia rematar a conexión coa estrada das Gándaras dende a ponte; así como cando prevé retomar o convenio desestimado en 2012 de xeito unilateral.
Sra. Directora Xeral priorizar é facer ata 2013-2014 a ponte e noutras datas executar os treitos da terceira fase que quedan. Iso é priorizar, dicir claramente que teñen pensado facer. O que fan é desestimar o convenio. O quero saber tamén é cales eran os problemas técnicos da empresa. Vostede aínda non mos explicou, afirmou Concepción Burgo.
Exemplo paradigmático da ineficacia da Xunta
A execución do Plan Paradai está a ser, segundo expuxo Concepción Burgo, un exemplo paradigmático da ineficacia, falta de credibilidade e incumprimentos da Xunta de Galicia en Lugo. Proba delo, é que, malia ser iniciado en 1999, a través dun convenio asinado pola Consellería de Política Territorial, o Instituto Galego de Vivenda e Solo, a Deputación e o Concello de Lugo, o Goberno galego foi demorando estas obras dende 2009. Concretamente, o acordo subscrito contempla tres fases, nas que se divide o proxecto. Destas, aínda queda pendente a terceira que xa tería que estar finalizada en 2010-2011.
Este retraso manifesto, provocou que en 2011 fose necesario unha addenda ó convenio para alongar o prazo de execución dos traballos dous anos, é dicir, ata 2014; comprometéndose o Executivo de Feijóo a telos rematados nesta anualidade.
Un ano más tarde, en 2012, e antes de licitar nin unha soa obra, o titular deste departamento autonómico volveu incumprir de novo o seu compromiso, ao dícir que só realizará a ponte e o enlace ata a Serra de Meira, cun presuposto de 3,5 millóns de euros, deixando sine die a realización da estrada das Gándaras, o acceso da nova ponte ata Conde Fontao e o treito de Serra de Meira e a estrada de Vegadeo. Para afianzar este incumprimento total, no mesmo ano, en 2012, a Xunta de Galicia desestima de forma unilateral o convenio asinado en 1999.
A única obra licitada
Asimesmo, a única obra do Plan que foi licitada, a ponte e a conexión coa estrada das Gándaras, foi parada durante máis de un ano. Neste caso, os traballos reanudáronse en outubro de 2013, pero volveu ser interrompida en xaneiro deste ano. O Conselleiro de Medio Ambiente afirmou que había problemas técnicos para continuar a obra da ponte, como se indica anteriormente, pero sen especificar cales eran estes inconvintes. Neste caso, a Directora Xeral tampouco precisou en que ano se prevé rematar esta infraestrutura.
Por este motivo, a socialista subliñou que non parece admisible que, de novo, a Xunta de Galicia alongue no tempo a realización desta infraestrutura que é esencial para a zona norte da cidade. Neste senso, afirma que non se pode confiar neste Goberno que incumpre sistematicamente os seus compromisos con Lugo, e que non ten en conta as reclamacións dos veciños.