Os socialistas denuncian que non se pecha só un edificio, péchase un barrio enteiro.
O portavoz da executiva local do PSdeG – PSOE de Lugo, Carlos Ferreiro, ofreceu unha rolda de prensa diante do edificio do hospital vello para reclamar a atención sobre a situación que queda o barrio lucense e a necesidade de que a Xunta tome solucións.
Carlos Ferreiro explicou que seria unha gran oportunidade para Lugo e para dar novos servizos polos que a Xunta e Jaime Castiñeira non apostan. Unha oportunidade para dotar a cidade de novas instalacións e en lugar de aproveitalo o que fixeron foi dar un paseo polas instalacións do antigo edificio para inaugurar a clausura dunhas instalacións. Recalcou que con esa visita se presentou a morte definitiva dun hospital que tiña unha media de asistentes diarios de 5000 persoas que daba vida ao barrio da Residencia.
O barrio da Residencia necesita servicios, agora mesmo estamos vendo que non hai problemas para aparcar, que os negocios están baleiros, a xente comenta que parece un día de domingo. Nos pensamos que é moito máis que eso, esto é un abandono dun barrio. O que aporta o PP e Jaime Castiñeira a Lugo é o abandono e apuntarse ás polémicas e crispación pero tamén e deles a obrigación de facer propostas.
En referencia á postura do candidato popular, Jaime Castiñeira, declarou que este edificio é a carta de presentación clara do candidato Jaime Castiñeira e das súas propostas para o Concello de Lugo. En lugar de ofrecer algo novo o que fan é a política da avestruz, é dicir, cando se presenta unha necesidade agachan a cabeza.
O PSOE de Lugo teme que este edificio sexa o preludio dunha situación como a que pasou nas antigas instalacións de Frigsa, que todos coñecemos os resultados. O PSOE xa presentou unha proposición en Lugo e na Xunta para dar uso as instalacións. Que necesita unha reforma, seguramente a necesite pero que nunha cidade na que a media de idade é moi avanzada, os servizos para maiores fanse irrenunciables.
As propostas que se presentan dende os socialistas lucenses é convertir esto en servicios sociais para os maiores, xeriatrico, centro de día ou moitas máis opcións como non reutilizalo todo de golpe senón ir abrindo por módulos. O que nos interesa é que nunca se abandone.
O portavoz do PSOE manifestou que lle resulta curioso que o mismo dia que veñen a clausurar estas instalacións, ese mismo dia aparece na prensa que a Xunta inverte 5 millóns en Palas de Rei, cousa que nos parece perfecto e necesario, pero en Lugo tamén se pode invertir en servicios socias.