A Alcaldesa traslada aos representantes por Lugo nas Cortes as necesidades e a débeda histórica que carrexa o Goberno Central coa cidade

Na xuntanza abordarónse temas como as infraestruturas ferroviarias e a conexións de Lugo con outras cidades, así como o envellecemento da poboación e a empregabiliade A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo este venres un encontro coa Deputada e o Senador por Lugo, Margarita Pérez Hérraiz e Ricardo Varela, respectivamente, para poñer o foco nas necesidades de Lugo, “que realmente...

Manuel Núñez: “O PP intenta confundir á cidadanía sobre as obras na rúa Mazaira con demagoxia barata”

O Concelleiro de Educación e Infraestruturas Urbanas, Manuel Núñez, denunciou este sábado que “o Partido Popular intenta confundir á cidadanía de Lugo sobre as obras na rúa Mazaira con demagoxia barata”. Manuel Núñez lamentou esta actitude do PP, preguntándose “cómo teñen o descaro de dicir que conseguiron onte un compromiso para que se arranxara esta rúa, cando as obras xa...

A Alcaldesa ve o discurso de Feijóo como “unha verdadeira oportunidade perdida para os lucenses”

Lara Méndez amosouse sorprendida porque Feijóo non abordara a realidade de todos os territorios que conforman Galicia, olvidándose de Lugo tanto no que se refire a infraestruturas, transporte público, sanidade ou servizos sociais “Vou estar nas solucións e en propoñerlle a Feijóo aquelo que os veciños e veciñas demanden. Non cesarei no meu empeño”, concluíu Méndez, quen asegurou que unha...

Lara Méndez sobre o novo Goberno de Rajoy, “continuísta, cun escaso perfil político e fatídico para o emprego e o municipalismo”

Un goberno continuísta, cun escaso perfil político e fatídico para o emprego e o municipalismo. Así definiu a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a composición do novo Executivo de Rajoy. “A partir de hoxe xa temos interlocutores para seguir reivindicando as necesidades e demandas históricas do Goberno Central coa cidade de Lugo”, asegurou a rexedora ao tempo que lamentou que...

O Pleno esixe a modernización e mellora dos servizos ferroviarios en Lugo e converter o Cuartel de San Fernando en Museo da Romanización

A través de dúas proposicións presentadas polo Goberno municipal socialista, o Pleno insta ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia a asumir estes compromisos coa cidade O Pleno do Concello de Lugo aprobou este xoves dúas proposicións presentadas polo equipo de goberno municipal socialista, unha que lle esixe ao Ministerio de Fomento a mellora dos servizos ferroviarios en...

O PP vota en contra da responsabilidade e impide a posta en marcha da gardería de Raiolas

Faino votando en contra da extemporaneidade do requerimento feito pola Consellería contra a corrección de erros nas determinacións urbanística do campus, cando a Xunta presentou dito requerimento o 31 de agosto, acabando o prazo o 27 O grupo municipal do Partido Popular votou este xoves no Pleno Ordinario en contra da declaración de inadmisibilidade, por extemporánea, do requerimento de anulación...

Lara Méndez anima a exercer “o máis valioso que temos, que é o dereito a decidir quen queremos que nos represente”

A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acudiu a exercer o seu dereito ao voto pasadas ás 12:00 horas do mediodía. Previamente, animou a exercer “o máis valioso que temos, que é o dereito a decidir en democracia, quen queremos que nos represente e que políticas queremos que se leven a cabo con esta representación”. 

A Alcaldesa reividica en Bazar ao PSdeG como única forza política que defende o rural

No encontro, Lara Méndez achegou as diferentes propostas de Leiceaga “para dalle unha resposta nova a Galicia e a Lugo”, a partir do 25 de setembro A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, mantivo un encontro este sábado con veciños e veciñas en Bazar, onde reivindicou ao PSdeG como única forza política que defende o rural. Así, lembrou que na reunión...

Lara Méndez pide o voto para os socialistas para frear os incumprimentos da Xunta do PP con Lugo

A Alcaldesa lembrou o burato histórico no que deixa Galicia Feijóo, quen destruíu 38.000 empregos e pechou máis de 1.000 camas en hospitais A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do voceiro municipal, Miguel Fernández, desprazouse este sábado ata Conturiz para manter un encontro cos veciños e veciñas da zona. Na xuntanza, Méndez pediu o voto para os solicalistas o...

Lara Méndez: “Leiceaga, ao contrario que Feijóo, ten propostas sólidas de país e unha resposta nova para Galicia”

A Alcaldesa mantivo este venres unha xuntanza con veciños en Tirimol, onde pediu  o respaldo dos lucenses para Leiceaga o 25 de setembro, “para deixar de ser vagón de cola” A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, desprazouse este venres a Tirimol, onde mantivo un xuntanza con medio cento de veciños e veciñas. No encontro, a rexedora pediu o respaldo dos...