Denuncian que este fose o compromiso do presidente autonómico se gañaba as eleccións, e que cinco anos despois, o proxecto languideza nos Orzamentos do Estado e, como era de agardar, tampouco apareza nos da administración autonómica

“O que me parece gravísimo é que o Sr. Castiñeira, que debe de representar os intereses dos seus cidadáns, onte votara que non. Agora xa sabemos onde está e que tampouco lle importa o desenvolvemento da súa cidade; unicamente lle interesa defender á Xunta, demostrando así que non quere ser alcalde de Lugo, senón ser delegado deste Goberno na nosa cidade para darnos poucas noticias, a conta dos incumprimentos dos responsables do PP”, afirmou o rexedor lucense

Ante tal discriminación, e dado que as partidas do Executivo de Rajoy para 2015 “son ridículas e tan só serven para ocultar a realidade de que decidíu deixar á provincia sen Alta Velocidade”, o PSOE presentará unha emenda ás contas públicas. O obxectivo, que o Goberno retome o proxecto e cumpra o acordo subscrito en 2010 cando José Blanco diríxía a carteira de Fomento

O Alcalde de Lugo –José López Orozco-, os deputados autonómicos –Juan Carlos González Santín e Concepción Burgo-, a Vicepresidenta Segunda da Deputación –Lara Méndez-, e a deputada no Congreso –Margarita Pérez Herraiz- condenaron este venres que o PP rexeitase non Parlamento instar á Xunta de Galicia a asumir a proxecto da Intermodal, sobre todo, porque a súa construción fóra prometida polo propio presidente en 2009, durante un mitin celebrado na capital lucense.

Deste xeito, González Santín considera que os votos en contra dos populares demostran que “o Partido Popular fai as promesas para chegar a gobernar e, despois, non cumpre ninguna”. Neste senso, ante o suceder dos feitos, agarda que, a partir de agora, o PP “faga un pouco menos de demagoxia e que o que pon no papel, o cumpra con feitos”.

A este respecto, o alcalde subliñou que “o PP non conta para a defensa dos intereses de Lugo”. “O que me parece gravísimo é que o Sr. Castiñeira, que debe de representar os intereses dos seus cidadáns, onte votara que non. Agora xa sabemos onde está e que tampouco lle interesa o desenvolvemento da súa cidade; unicamente lle interesa defender á Xunta, demostrando que non quere ser alcalde, senón ser delegado deste Goberno na nosa cidade para darnos poucas noticias, a conta dos incumprimentos dos dos responsables do PP. Hoxe reinvidicamos o Tren por todo o que supón para o desenvolvemento da Galicia interior. En Lugo non pensan e, se non o defendemos nós, xa vemos que o Partido Popular, con Jaime Castiñeira á cabeza, non o van a defender porque non cren nas posibilidades da nosa cidade e da nosa provincia. Sr. Feijóo, Sr. Rajoy e Sr. Castiñeira denlle infraestruturas á nosa provincia e xa verán como non esmorece”, concluíu López Orozco.

“Feijóo dera a súa palabra”
A este respecto, o deputado autonómico e secretario Provincial criticou que o Partido Popular desperdiciase esta ocasión para remendar o que fixo mal a administración central, pois en 2012 acordou a suspensión unilateral do contrato, “sobre todo, porque foi o propio Feijóo o que dixo en xaneiro de 2009 que ía construír o AVE entre Lugo e Ourense con diñeiro da Xunta”

E é que o presidente da Xunta dera a súa palabra publicamente. Concretamente nesa data, coincidindo coa celebración dun mitin na cidade, e no que participaron el mesmo e o seu homólogo no Goberno, o titular autonómico recalcou que este sería o compromiso do seu Partido se gañaba o 1 de xaneiro. Pero, o certo é que, cinco anos despois, o proxecto languidece nos Orzamentos do Estado, e como era de agardar, nin sequera chegou a aparecer nos do Goberno galego.

Malia que a promesa incumprida de Feijóo era clara (“la infraestructura de Alta Velocidad era básica para Lugo y su provincia”), agora demóstrase que esta quedou soterrada cando as urnas lle deron a maioría absoluta. Concretamente, dende que o Partido Popular está no Goberno Central e en Santiago, o tren nin tan sequera aparece nos Presupostos Xerais da Xunta nin nos do Estado.

En 2014, o Ministerio dotou os estudos informativos dunha partida de 700.000 euros e, en 2015, estes quédanse en algo menos de 240.000.Pero é que, ademais, na explicación dos obxectivos presupostarios, o AVE lucense nin sequera é mencionado. Proba delo é que, por parte de Adif, que sería o organismo encargado de asumir o groso das obras, a dotación é cero.

“Nula vontade política do Goberno galego”
Juan Carlos González Santín lembrou tamén que coa votación dos populares, unha vez máis, se pon de relevo a súa nula vontade política” para solucionar o veto do Ministerio”, pois no Parlamento de Galicia esta formación tamén rexeitara a Proposición non de Lei, presentada polos socialistas no mes de maio para que a Xunta garantizase o cumprimento do acordo asinado a tres bandas –Concello, Xunta e Ministerio-, e que posibilitaría a chegada do AVE á provincia.

Emendas do PSOE
Ante tal discriminación, e dado que as partidas incluídas polo Executivo de Rajoy para o vindeiro ano “son ridículas e tan só serven para ocultar a realidade de que o Goberno decidiu deixar á nosa provincia sen a Alta Velocidade”, o Partido Socialista presentará unha emenda aos orzamentos de 2015, co fin de que o Goberno retome o proxecto e cumpra o acordo subscrito en 2010 cando José Blanco diríxía a carteira de Fomento.

“Eu lembro a batalla que tivemos para conseguir que o AVE chegase a esta cidade, e que tivo que ser un ministro, que tamén é de Lugo, o que mandou facer un estudo informativo para que a Alta Velocidade entrase con dobre vía. Ese mesmo Goberno foi quen de licitar e de adxudicar proxecto para facer a Estación Intermodal, aínda que, ao cabo do tempo, non enteramos de que fóra paralizada pola actual Ministra”, destacou López Orozco. A renglón seguido, a deputada Margarita Pérez Herraiz denunciou “o dobre engano dos actuais dirixentes de Fomento, quenes “a pesares de dicirnos que o proxecto seguía para adiante, foi cunha figura especial que hai nas Cortes para pedir información como puidemos comprobar que o contrato estaba resolto. Máis tarde, a Ministra dixo que se ía reformar a actual estación e, agora, vemos que, no proxecto de presupostos, non está nin a Intermodal nin tampouco a mellara desta”.

Concretamente, antes de producirse o cambio de Goberno, Fomento adxudicara o proxecto por valor de 630.000 euros. O proceso de redacción tiña un prazo de 27 meses, de xeito que xa debería estar rematado o 8 de setembro de 2013.

No protocolo establecíanse, ademais, as pautas de financiamento. O Ministerio encargaríase da nova estación e do 50% das actuación de reurbanización do contorno; o Concello asumiría o importe da adecuación da estación actual, no momento en que deixase de funcionar; e, o Goberno galego, sufragaría o custo da nova estación de autobuses, ademais do 50% das actuacións necesarias para a loxística da nova infraestrutura.