No encontro, Lara Méndez puxo en valor a capacidade e a xenerosidade de Pedro Sánchez para formar Goberno
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, achegouse este domingo á escola de Rubiás para compartir cos veciños e veciñas as propostas do programa electoral socialista, “as propostas do cambio e das oportunidades”, de cara ás eleccións do 26 de xuño.
Na xuntanza, Lara Méndez puxo en valor a capacidade e a xenerosidade de Pedro Sánchez para formar Goberno, todo o contrario que o Partido Popular, así como a súa vontade de diálogo e de chegar a acordos coas distintas forzas políticas, unha disposición que comparte coa rexedora luguesa.
“Queremos un si para que os nosos mozos e mozas non marchen fóra, queremos un si para as pensions públicas, queremos un si para o emprego de calidade, queremos un si para unha educación e unha sanidade pública e para todos e todas, queremos un si para igualdade social; en definitiva queremos un si polo cambio”, asegurou Lara Méndez, quen pediu o voto para Pedro Sánchez para conseguir un estado de oportunidades.
Lara Méndez continuará mañá coa visita ás parroquias lucenses durante a campaña electoral, mantendo unha xuntanza, ás 21:00 horas, na escola de Camoira.