A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, subliñou este xoves que o sobreseemento libre dictaminado polo Xulgado de Instrucción número 1 do ex rexedor Xosé López Orozco, o ex concelleiro Lino González Dopeso e un técnico municipal no caso da adxudicación do contrato da Fábrica da Luz “é unha moi boa noticia para o Concello e para a cidade de Lugo porque pon de manifesto o bo facer dos técnicos municipais e de todos os políticos e políticas, encabezados por Orozco”. Así o di a sentencia, incidiu, segundo a que os informes están perfectamente razoados, son coherentes e deles non se pode deducir que se tratara de beneficiar a ningunha empresa.
Lara Méndez indicou que a “excesiva xudicialización” da vida municipal contribúe a xerar “medo na parte técnica e na política porque vemos a facilidade da imputación, que calquera pode ser imputado, e as consecuencias que leva consigo, o que ralentiza os procedementos e a administración”.