A edil pídelle a Mari Teijiero que abandone a estratexia de politizar a xustiza, “que supoño que non sumará méritos para formar parte das listas ás que quere pertencer”, así como a de sementar dúbidas entre a cidadanía
“O que tiña que facer Mari Teijeiro, quen pretendría ser Directora Xeral de Inclusión Social, é facer que o goberno do PP de Galicia atenda a ese 32,8% de galegos á espera da prestación de dependencia”, asegurou a Concelleira
A Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira, expresou este venres a sorpresa do Goberno Municipal ante o nivel de hipocresía que está tendo o Partido Popular, que onde goberna pon trabas ás politicas sociais, e onde está na oposición cuestiona a súa cobertura. Nesta liña, a edil quixo poñer en evidencia a dobre vara de medir da dereita, que fala dunha demora de pagos en subvencións sociais no municipio, mentres a Xunta de Galicia, co actual ritmo de novas incorporacións de atendidos, tardaría máis de 4 anos para acabar coa desesperante lista de espera de persoas en situación de dependencia, segundo a Asociación Estatal de Directores e Xerentes en Servizos Sociais, “o que evidencia que os recursos que destina o Goberno de Feijóo son escasos, provocando, que, ao longo do pasado ano, na nosa comunidade, 1.000 persoas faleceran sen recibir dita prestación”. Ademais, o Goberno de Feijóo soamente lle paga a Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) a 11.700 persoas das 668.000 en risco de pobreza ou exclusión, segundo o último informe da Rede Europoea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español. “Unha vez máis, o PP denuncia en Lugo o que desampara en Santiago e Madrid”, asegurou a edil.
Ana Abelleira pídelle a Mari Teijiero que abandone a estratexia de politizar a xustiza, “que supoño que non sumará méritos para formar parte das listas ás que quere pertencer”, así como de sementar falsas dúbidas entre a cidadanía, e máis aínda cando se achegan os comicios electorais, xa que se trata dun caso dun ano de antigüidade, na que a persoa percibiu as prestacións solicitadas. “O que tiña que facer Mari Teijeiro, quen pretendría ser Directora Xeral de Inclusión Social, é facer que o goberno do PP de Galicia atenda a ese 32,8% de galegos á espera da prestación de dependencia”, asegurou a Concelleira, quen lembrou que o de Lugo, é o primeiro de Galicia e o cuarto de España que máis destina a benestar social, un 21% do total, uns 19 milllóns, traballando sempre por incrementar esta partida ano tras ano.