
O Foro Cidadán Concellos ao servizo das persoascelebrouse esta tarde na Coruña
A Concelleira do Grupo Muncipal Socialista, Ana González Abelleira, participou hoxe nun foro aberto organizado polo PSdeG-PSOE no que se analizou e debateu sobre a xestión dos servizos sociais por parte dos concellos. No encontro tamén se elaboraron propostas para implantar unha nova política de benestar.
Na súa intervención, Ana González Abelleira compartiu a súa experiencia sobre como se pode desenvolver unha política ao servizo da cidadanía dende un goberno socialista como o de Lugo, que é hoxe o primeiro de Galicia en investimento en política social e atención cidadá e un dos cinco primeiros de España.
Ana González Abelleira explicou as actuacións neste eido do Concello de Lugo que, con 157 euros por habitante ao ano, é o que máis inviste de España, superando a media de 110 euros por habitante, segundo os datos do Ministerio de Economía e Competitividade.