O Concello de Lugo é o que mais investimento dedica á loita contra a pobreza de toda Galicia, con 157 euros por habitante ao ano

A Concelleira do Grupo Muncipal Socialista, Ana González Abelleira, participou hoxe na Xornada Parlamentaria sobre pobreza e desigualdade que organizou o Grupo do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia. A súa exposición versou sobre o asunto da loita contra a pobreza e a desigualdade dende o mundo local.

Ana González Abelleira explicou as actuacións neste eido do Concello de Lugo que é o que mais investimento dedica á loita contra a pobreza de toda Galicia, con 157 euros por habitante ao ano, por riba da media de 110 euros por habitante.

Ademais os datos do Ministerio de Economía e Competitividade mostran que o Concello de Lugo é o primeiro de Galicia e atópase entre os cinco primeiros de España que máis diñeiro inviste en políticas sociais.