A Concelleira de Economía lamenta que ACE empregue críticas demagóxicas contra o DUSI coas que o que consegue é prexudicar seriamente á cidade
A Concelleira de Economía, Emprendemento a Autónomos, Ana Prieto, lamentou que “o voceiro do grupo municipal de ACE que nin tan sequera se molestase en falar con seus compañeiros de Ferrol, que tamén contaron coa axuda dunha asistencia técnica, e empregue unhas críticas totalmente demagóxicas contra o proxecto que o Concello de Lugo presentou ás axudas europeas de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (DUSI) e que marcará unha nova etapa no desenvolvemento da cidade”.
A Concelleira de Economía fixo fincapé en que “o proxecto presentado polo Goberno municipal contou coas achegas de tódolos técnicos municipais e responde a todas e cada unha das liñas estratéxicas recollidas na convocatoria e ao modelo de cidade que o Goberno ten para o municipio”, polo que “Lugo camiña cara un novo modelo de cidade. Non vamos permitir que o ACE xogue co futuro de Lugo con declaracións irresponsables e demagóxicas”.
Neste senso, Ana Prieto convidou a ACE a que “se poña a traballar na defensa dos intereses dos veciños e a prol do desenvolvemento da cidade e a abandonar esa rutina de críticas demagóxicas coas que unicamente consegue prexudicar a Lugo”.