O Concello manifesta a súa satisfacción pola decisión do Xulgado de instrucción número 2
O Concello de Lugo manifesta a súa satisfacción polo arquivo da denuncia por inxurias que presentara a asociación Alpul contra o Alcalde, José López Orozco, e a exDelegada de Urbanismo, María Novo.
O Xulgado de instrucción número 2 confirmou o auto no que decidira arquivar as dilixencias, segundo a notificación que vén de recibir o Concello.
Esta decisión xudicial supón a confirmación, como sempre mantivo o Concello, de que nin o Alcalde nin a que fora Delegada de Urbanismo cometeron o delicto de inxurias do que foron acusados por Alpul.
A decisión do Xulgado de instrucción número 2 confirma que o comportamento de José López Orozco mantívose dentro da legalidade, o mesmo que sucederá con outras causas xudiciais abertas contra o Alcalde de Lugo.