“Teño claro que tanto o inicio como o proxecto foi o correcto”, asegurou a Concelleira, quen esixiu aos populares que se deixen de tanto oscurantismo, insinuacións, dobres sentidos e difamacións

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, lamentou “as manipulacións e a terxiversación da información á que nos ten acostumados tanto Jaime Castiñeira como o Partido Popular”, tras as súas manifestacións sobre a contratación da aplicación móbil Lugo Turismo.

Basadre, quen subliñou que “o PP dice o que lle convén e oculta o que realmente é importante”, lembrou que foron feitas distintas propostas de gasto antes de comezar os traballos da aplicación, insistindo en que a empresa adxudicataria presentou a documentación requerida no departamento en Cultura, contando ademais con informes favorables do servizo de informática, e enviándose todo elo á intervención. Nesta liña, Basadre admitiu que o informe veu devolto por falta de crédito, unha devolución que coincidiu coa baixa de maternidade da persoa traballadora encargada dos temas de turismo.

“Teño claro que tanto o inicio como o proxecto foi o correcto”, asegurou a Concelleira, quen esixiu aos populares que se deixen de tanto oscurantismo, insinuacións, dobres sentidos e difamacións.