“No Goberno unha vez máis fixemos os deberes que nos corresponde e de aí que a oposición se entere do estado no que se atopan as infraestruturas luguesas”, subliñou a Concelleira
“No Goberno unha vez máis fixemos os deberes que nos corresponde e de aí que a oposición se entere do estado no que se atopan as infraestruturas luguesas”, asegurou a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, en relación ás declaracións do Partido Popular sobre as obras do Museo Interactivo da Historia de Lugo.
“Estamos a falar dunha obra que está en período de garantía, e como é habitual, os técnicos comproban a existencia de deficiencias. E iso foi o que se fixo en relación a estas instalacións, co obxectivo de comunicar á dirección de obra as anomalías que se deben resolver”, informou Basadre quen asegurou que “as declaracións de Isabel Devesa non son máis que un novo intento de realizar un uso partidista sobre os servizos que lle ofrecemos dende o Concello aos veciños ”, subliñou a edil, quen lamentou o constante afán do PP de desprestixar non só o MIHL, senón á cidade”.
Segundo a Concelleira, “con esta actitude o que fan é despreciar todo canto novo proxecto se fai en Lugo, fixérono hai poucos días coa nova sede da Policía Local e agora co MIHL”. A edil insistiu en que a moitos galegos lles gustaría ter unha infraestrutura museística no seu municipio como o MIHL, “que fomos capaces de relanzar co paso dos anos, incrementando o número de visitantes mes tras mes e ano tras ano”.