O Equipo de Lara Méndez
Aquí podes coñecer ás mulleres e homes que forman o equipo da candidatura coa que a alcaldesa Lara Méndez se presenta ás eleccións municipais co obxectivo de seguir impulsando un proxecto colectivo de transformación e modernización de Lugo baixo o paraugas da sostibilidade. Proxecto que, tras 8 anos de avances, é xa imparable.
Un proxecto que representa o sentir dunha gran maioría social, o sentir desa veciñanza que cada mañá se levanta e loita polas súas aspiracións vitais, profesionais, laborais e familiares, e que confían en que a cidade onde viven lles ofreza unha contorna de espazos confortables no seu día a día, pero tamén servizos, políticas sociais e oportunidades laborais de presente e futuro para eles e os seus fillos.
Cada unha das persoas da o paso ao fronte para abandeirar o proxecto claro de cidade que lidera a alcaldesa Lara Méndez é un representante da cultura do esforzo e dos valores progresistas, un proxecto que é feminista, integrador, ecolóxico, que persegue a xustiza e equidade social e que respecta a diversidade e a inclusión.
O PSdeG non presenta unha lista: presenta un equipo cohesionado e representativo de 25 persoas, integrado por lucenses de idades diversas, da contorna rural e urbana, procedentes do sector privado e do público e gran coñecedores da realidade dos distintos barrios e parroquias. Un equipo ilusionado e ilusionante, preparado, con experiencia, con gran capacidade de xestión e que están unidos polo seu amor por Lugo.
Este é o equipo que acompaña a Lara Méndez:
25. Mª ISABEL SALAZAR BELLO
Esta médica ciruxana na área lucense e filla de emigrantes foi, desde moi moza, unha muller moi comprometida co ideario progresista. Levou a voz e os problemas dos lucenses ao Congreso como deputada, e no Parlamento galego foi voceira adxunta da comisión de relacións co Defensor do Pobo, e entre os relatorios onde participou destaca a Lei de Desenvolvemento Sostible do Medio Rural.
24. JUAN JOSÉ RODRÍGUEZ GUDE
Licenciado en Dereito e funcionario do Corpo Superior de Letrados da Administración, desde o seu posto de director provincial do INSS, é un gran coñecedor dos problemas da veciñanza, que lle recoñecen a súa seriedade e a súa proactividade no desempeño do seu traballo. É un profesional, así mesmo, moi implicado coa labor formativa e informativa cara os cidadáns para que coñezan os seu dereitos, desde os pensionistas, ás vítimas da violencia de xénero ou os autónomos, entre outros.
23. ANA BELÉN DÍAZ PARAPAR
Integrante da asociación de veciñas e veciños de Benade, Ana Belén é unha gran activista en favor do rural lucense, e especialmente do papel que xogan as mulleres, determinantes para a vertebración territorial e social do noso municipio, sendo, ademais, un vector clave para a innovación e o emprendimiento rural.
22. HUGO PARDO-VIVERO VILARES
Diplomado en Relacións Laborais e Técnico superior en prevención de riscos Laborais, é un profesional cunha traxectoria comercial de máis de 20 anos, dos que os 11 últimos estiveron ligados á mobilidade e a accesibilidade de Lugo. Becerrense de nacemento e lucense de adopción desde hai xa 36 anos, é veciño da Rolda, Porta Santiago e zona do Parque Rosalía desde a súa mocidade, polo que leva a nosa cidade e á Muralla intimamente ligada ao seu corazón, sendo testemuña da súa evolución durante os últimos anos.
21. Mª PILAR RODRÍGEZ POTENTE
Esta muller reivindicativa e emprendedora, é empresaria con gandaría propia en San Vicente de Coeo. Desde o seu compromiso profesional e vital, defende cada día a vida do rural e as sinerxias que se crean desde este ámbito coa zona urbana para o crecemento económico de Lugo. Sociable e responsable, aposta polo traballo en equipo como unha ferramenta fundamental para a consecución dos obxectivos.
20. LUIS FERNÁNDEZ ÁLVAREZ
Funcionario na Residencia de Maiores de as Gándaras, defínese como obreiro provinte dunha familia obreira de tradición socialista. Resilente e obstinado nos seus propósitos, migrou a Madrid e a Toledo xunto a súa familia, pero non parou ata regresar a Lugo, cidade que lle apaixona para apoiar a segunda gran transformación da cidade.
19. Mª CARMEN SANTOS PENAS
Dinámica, activa e activista do movemento asociativo do rural, Mª Carmen é unha gran dinamizadora da vida de Lamas, parroquia onde sempre é a primeira en organizar actividades sociais que poidan ser puntos de encontro entre a veciñanza, e é a primeira en arremangarse para defender ante as distintas administracións a necesidade dun rural con vida e servizos.
18. JOSÉ MARIO CASTRO CUENCA
Funcionario municipal exemplar na área de Augas, querido e respectado na zona de Conturiz -onde naceu e reside desde sempre- pola súa proximidade e polo seu compromiso á hora de defender as necesidades da súa veciñanza.
17. CRISTINA AZANZA MORENO
Licenciada en Ciencias da Actividade Física e o Deporte polo INEF, toda a vida profesional de Cristina céntrase no deporte e en como mellorar a saúde e os hábitos saudables dos e as lucenses, facendo especial fincapé no deporte no ámbito feminino, no que coordina e adestra desde o ano 2001 o programa Muller en Forma. Tamén desenvolve traballos de apoio deportivo entre os colectivos con discapacidade. É ela mesma é todo un exemplo de superación con varios campionatos de triatlón gañados no seu haber.
16. JESÚS DARRIBA BURGO
Gran namorado do rural, se alguén coñece a fondo todas as parroquias de Lugo e as súas necesidades é Suso, onde desenvolveu toda a súa traxectoria profesional, primeiro no ámbito privado, onde traballou durante vinte anos no sector da madeira, e agora desde o seu desempeño como traballador municipal responsable das labores de mantemento nun territorio que representa en Lugo o 10% da poboación pero o 80% do territorio.
15. OLIMPIA LÓPEZ RODRÍGUEZ
Licenciada en Dereito, é funcionaria do Corpo Facultativo Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, sendo o seu primeiro destino o Arquivo Histórico Provincial de Lugo como xefa de sección, e dende o ano 2006 traballa como xefa de sección no Arquivo Xeral Territorial da Xunta. Ten publicado diversos traballos relacionados cos arquivos, as fontes documentais, a historia das institucións ou coa arquivística e a perspectiva feminista.
14. YAGO ATADELL MARTÍNEZ
Estudante de Maxisterio, de educación primaria, amosou sempre unha gran interese por todos os temas vinculados cos problemas e as necesidades da mocidade, interese que o levou a ser Embaixador da Xuventude a través dos programas da Unión Europea. Firme crente de que a política é un instrumento eficaz para transformar a sociedade e as cidades, polo que é importante participar desde as estruturas dos partidos, é o actual secretario xeral das Xuventudes Socialistas de Lugo, liderando un equipo de mozos implicados e comprometidos coa cidade onde desenvolven os seus proxectos vitais.
13. Mª EUGENIA IGLESIAS VARGAS.
Esta lucense de Piugos, é graduada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte en I.N.E.F. Muller inquieta, responsable, tremendamente sociable e con gran don de xentes, a súa traxectoria profesional abarca especialmente o mundo deportivo e o ámbito da seguridade. E especialmente querida polos máis pequenos, cos que traballou en moitas ocasións, como pola xente maior pola súa faceta de monitora de actividades deportivas en centros cívicos da zona urbana e do rural.
12. ALBERTO CALDEIRO PÉREZ
Este veciño polifacético, docente e experto no sector agropecuario, é Enxeñeiro Técnico Agrícola, máster en Prevención de Riscos Laborais e traballou como técnico de campo en Cooperativas durante moitos anos. Como docente desde hai 14 anos, é un firme defensor do ensino público de calidade. Afeccionado a recreación histórica e en especial da nosa gra festa do Arde Lucus -celebración que lle apaixona como membro da Cohors lll Lucensium- defínese con un namorado orgulloso de Lugo.
11. MARIA REIGOSA CASTRO
Enxeñeira de Camiños, Canles e Portos, actual funcionaria do Servizo Provincial de Costas, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, e profesora da USC, conta cunha ampla traxectoria de xestión de proxectos, tanto en aspectos técnicos como contractuais, licitación e contratación pública, dirección de obras e xestión de equipos. Con máis quince anos de experiencia e con amplos coñecementos en temas ambientais, María é unha gran defensora do proxecto sostible que está a converter a Lugo nun referente nacional e internacional.
10. WALDIR SINISTERRA RESTREPO
Avogado, Investigador en Doutoramento en Dereito Público Internacional e Procesos de Integración e Máster en Dereito Penal, é tamén especialista en Resolución de Conflitos, Estranxeiría e Violencia de Xénero. Colombiano de nacemento, chegou a nosa cidade fuxindo da represión no seu país e de varios intentos de asasinato polos paramilitares, e desde o 2008 Lugo é o seu fogar. O seus grandes coñecementos do mundo vinculado coa emigración e a inmigración e súa enorme capacidade para axudar aos demais fan de Waldir Sinisterra un referente para estes colectivos na cidade.
9. Mª ÁNGELES NOVO MARTÍNEZ
Graduada en Nutrición Humana e Dietética e especializada en Nutrición Clínicae Coaching Nutricional, é unha moza vital, alegre, emprendedora e con gran iniciativa, características que a levaron a montar a súa empresa coa que axuda xa a moita xente e a diversos colectivos a levar unha vida máis sa e equilibrada, desde colexios ata clubs deportivos, e tamén a través da divulgación con súas numerosas colaboracións que mantén en distintos medios de comunicación.
8. ÁNGEL PABLO PERMUY VILLANUEVA
Licenciado en Matemáticas (Estatística e Investigación Operativa) e diplomado en Dirección Económica e Administrativa de Hospitais.
Este matemático, gran coñecedor das finanzas sanitarias pola súa labor profesional no Hospital de Lugo, é tamén un gran amante da fotografía e deportista. Foi xogador de balonmán e o presidente do Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Balonmán, deporte no que ocupou cargos tamén de ámbito nacional e internacional. A súa capacidade de xestión probada durante a súa longa vida profesional e a súa versatilidade son algunhas das súas grandes calidades, así como a súa gran capacidade de compromiso.
7. OLGA LÓPEZ RACAMONDE
Esta enfermeira especialista en enfermaría obstétrico-xinecolóxica, moi implicada coa sanidade pública de Galicia, é a actual concelleira de Benestar Social, Inclusión e Maiores, onde desenvolveu un papel fundamental nunha área que foi clave para protexer e coidar ás e aos lucenses máis vulnerables durante os máis duros momentos da pandemia, con proxectos que chegaron para quedarse como a estratexia de atención aos maiores en soidade. Matrona de Atención Primaria, tivo entre as súas mans durante os seus primeiros minutos de vida a centenares de lucenses, de nenos e nenas aos que axudou a nacer.
6. JORGE BUSTOS ATANASIO
Este lucense de 30 anos, amante e gran defensor da calidade de vida en Lugo, está acostumado ás carreiras de fondo en todos os ámbitos onde desenvolve a súa carreira como é a enxeñaría e a edificación, onde fundou varias empresas, pero tamén no deporte, onde é adestrador do EMEVE. E tanto na enxeñería, onde conta cunha ampla experiencia como redactor de proxectos, como no deporte, se presenta como un gran xestor de equipos asumindo posicións de responsabilidade e liderado.
5. ANA MARIA GONZÁLEZ ABELLEIRA
Diplomada en Traballo Social. Constante e moi próxima a cidadanía, é concelleira en Lugo desde hai 12 anos. Esta veciña da Milagrosa ten un gran don de xentes e un profundo coñecemento do tecido asociativo de Lugo, co que traballa man a man agora como edil responsable da área de Desenvolvemento Local e Emprego, pero tamén do complexo engranaxe da área de benestar, igualdade e inclusión na que estivo volcada durante máis de 8 anos. Unha labor que compaxina coa secretaría xeral da Agrupación Local do PSdeG.
4. MAURICIO VITORIO REPETTO MORBÁN.
Psicólogo, empresario, enormemente creativo e impulsor de proxectos, foi concelleiro tanto de Desenvolvemento Local e Emprego así como de Deportes e Xuventude, sendo, ademais, o promotor dos últimos Arde Lvcvs, que acabou coa consecución da declaración de Festa de Interese Turístico Internacional. Con grandes inquietudes persoais, a súa cabeza é un constante rebulir de ideas. Moi involucrado profesionalmente coa adolescencia e a infancia na prevención de adicións ou na visibilización dos seus problemas, pero tamén co tecido empresarial da provincia de Lugo e coa mocidade emprendedora para axudarlla a activar as súas iniciativas.
3. MERCEDES PAULA ALVARELLOS FONDO Avogada. Actual concelleira de Gobernanza e Economía, pertinaz e con gran capacidade de traballo e moita man esquerda. A modernización da Administración foi un dos seus grande retos, que acelerou, con éxito, en plena pandemia para poder atender ás necesidade da veciñanza. Unha das palabras que mellor a poden definir é ilusión, a que impregna en todo o que fai, tanto na Administración como seu paso anterior pola avogacía e como Presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, que loita pola reinserción social de persoas que cumpriron penas de prisión, coa que leva colaborando máis de 20 anos.
2. MIGUEL FERNÁNDEZ MÉNDEZ
A.T.S. pola Escola de Axudantes Técnicos Sanitarios da USC e Diplomado en Enfermería pola UNED, cambiou o coidado dos enfermos pola coidado da cidade cando foi elixido concelleiro no ano 2015.
Cre no presente e no futuro do rural, e traballa en corpo e alma para que sexa un lugar no que vivir e no que traballar, un lugar de oportunidades. A súa máxima é escoitar sempre á veciñanza, no rural, pero tamén nas áreas polas que pasou, como Deportes e Medio Ambiente, esta última unha concellería clave no modelo de cidade da alcaldesa Lara Méndez, onde puxo en marcha o novo servizo de limpeza e recollida de lixo.
Pon o corazón e alma en todo o que fai. Destaca pola súa dedicación absoluta e pola súa perseverancia, nos grandes proxectos pero tamén nos pequenos asuntos do día a día.
1- LARA MÉNDEZ LÓPEZ
Alcaldesa de Lugo desde 2015, a primeira da historia do municipio. A primeira muller tamén en presidir o Eixo Atlántico, organismo transfronterizo que aglutina a medio centenar de concellos de Galicia e Norte de Portugal. Enxeñeira Técnico Agrícola, nai e socialista de corazón.
Honesta é leal, optimista, alegre e tremendamente positiva, cun sorriso permanente que impregna todo o que se propón. É capaz de afrontar calquera dificultade sempre buscando solucións e atopando vías de encontro.
Xa desde moi nova e no rural, afianzou o seu compromiso co medio ambiente e a igualdade, onde deu o salto cara ao activismo máis colaborativo coa creación da Federación Galega de FADEMUR para acabar coa dependencia e a discriminación da muller. Xa entón comezou coa xestión de fondos europeos, onde se presenta como gran xestora na súa consecución.
O seu compromiso actual é LUGO, en maiúsculas, a súa transformación e a súa proxección, cun modelo claro de cidade respectuosa e líder en políticas sostibles nesa loita colectiva que é afrontar o cambio climático deixando un Lugo mellor e máis saudable as novas xeracións.