Logo das declaracións realizadas polo concelleiro do Partido Popular no día de onte, quero manifestar o seguinte:
PRIMEIRO: Anuncio que estudarei emprender medidas legais contra o edil do PP polas acusacións referidas ao proceso de adxudicación de obras cando dirixía a concellería de Infraestruturas, xa que considero que se está a afectar á integridade e á profesionalidade da miña persoa.
SEGUNDO: Sempre actuei con luz e taquígrafos, polo que dada a importancia de tales acusacións, poñerei este asunto nas mans dos meus abogados, xa que considero que se está a afectar á integridade e á profesionalidade da miña persoa.
TERCEIRO: As afirmacións realizadas amosan a indecencia política de Trabada e a súa pouca calidade democrática, pois el mesmo é coñecedor de que nas mesas de contratatación e xuntas de compras están presentes todos os grupos políticos que conforman a Corporación municipal. Por tanto, estes procesos nunca se levaron a cabo sen que estivesen dacordo todos os representantes dos Partidos políticos.
CUARTO: Pídolle a este edil que teña máis rigor político e que se retracte das acusacións realizadas, pois o único que fixen foi axustarme á legalidade vixente, nin máis nin menos.