O PSdeG-PSOE de Lugo, cumprindo co compromiso que anunciou dende o primeiro momento, mantivo contactos coas forzas políticas que apoiaron a investidura da Alcaldesa, Lara Méndez, para tratar de acadar un pacto de goberno.
No caso do BNG, na reunión celebrada entre ambas partes a semana pasada, plantexou unha serie de acordos programáticos básicos, que o PSdeG asumiu ao cen por cen.
Os socialistas, como non podía ser doutra forma, respectan os órganos e o procedemento interno de todos os partidos, e se o BNG decidiu en asemblea interromper as negociacións, será dita forza política a que terá que explicar porque di non a participar nun goberno progresista.
O PSdeG respecta o comprometido na investidura: diálogo aberto a todos, e así o seguirá facendo.
No caso de Lugonovo, o PSdeG está á espera de coñecer o que decida no seu procedemento asambleario, que os socialistas lucenses confían se celebre canto antes para axilizar a conformación do Goberno local.