O PSdeG-PSOE continuou este xoves coa ronda de contactos cos grupos políticos municipais co fin de avanzar na distribución dos locais dispoñibles na casa consistorial.

Segundo o acordado, na orde para a elección dos locais dispoñibles primará a porcentaxe de representación na Corporación, polo que comezará escollendo dependencias o Partido Popular, seguido do Partido Socialista, Lugonovo, BNG, Ciudadanos e ACE.

Os contactos entre as comisións negociadoras de PSdeG e Lugonovo retomaranse mañá tras unha conversa mantida hoxe entre as partes co obxectivo de axilizar o proceso de negociacións e acurtar prazos de cara a conformar canto antes un goberno que dedique todos os seus esforzos a traballar polo benestar dos lucenses e o futuro do concello.