Fernández pídelles a ambas administración competentes, que “asuman a súa responsabilidade” e garanticen un futuro ao sector, que lonxe de estabilizarse como aseguraba o propio Goberno de Feijóo, caeu máis durante o que vai de 2016 que en todo o 2015, dándose de baixa unha decena de gandeiros á semana

O de Lugo, é o único concello da provincia luguesa que aplica bonificacións do 90% ás explotacións gandeiras no IBI, grazas a proposición socialista que aprobou o Pleno Municipal

O Concelleiro de Deportes e Medio Rural, Miguel Fernández, denunciou este mércores o prezo do leite, “o máis baixo da historia”, posto que as empresas lácteas pagan a día de hoxe unha media aos produtores por debaixo dos 27 céntimos, chegando a algún dos casos a pagarlles entre 20 e 23 céntimos, unha deriva de prezos motivada polo aumento de produción dende a desaparición das cotas leiteiras en marzo do pasado ano.

“A Xunta de Galicia e o  Goberno Central fracasaron en achegar unha solución á maior crise da historia do sector lácteo, e a día de hoxe seguen a mirar para outro lado, mentres que a 2.000 explotacións de leite se lles paga o litro de leite ente 18 e 20 céntimos”, subliñou Fernández, ao tempo que remarcou, que dende as últimas concentracións, en setembro, o prezo do litro de leite baixou ata un céntimo e medio.

Fernández pediulle a Consellería de Medio Rural e ao Ministerio de Agricultura que “asuman a súa responsabilidade dunha vez por todas” e garanticen un futuro sostible para un sector que é o motor fundamental da economía galega, que lonxe de recupersarse e estabilizarse como afirmaban dende o propio Goberno de Feijóo o pasado mes de xuño, caeu máis durante o que vai deste ano que en todo o pasado 2015, o que provocou que se deran de baixa unha decena de gandeiros á semana pola desprotección do sector. Deste xeito, fronte á remontada de prezos da que fala o Goberno de Feijóo, a realidade é que Galicia, a pesar de ser a comunidade principal produtora de España de leite, é tamén a que percibe os prezos máis baixos dende hai 5 anos, cobrando ata 2 céntimos menos que un gandeiro asturiano ou catalán. Durante o 2015, o 70% das preto de 700 granxas que abandonaron a súa actividade en todo o territorio, estaban en Galicia.

Apoio do Concello ao lácteo

O Concelleiro quixo poñer de manifesto o apoio do Goberno Municipal ao sector, posto que “somos o único concello da provincia de Lugo que aplica bonificacións do 90% ás explotacións gandeiras no IBI, sendo deste xeito o máis alto de toda a provincia”, unha proposición socialista que aprobou o Pleno Municipal. Os concellos da provincia que fixeron algunha redución polo momento, realizaron unha diminución do 3%.