A deputada socialista denuncia que o edificio atópase nunhas condicións deplorables, sen que a Xunta de Galicia, responsable do seu mantemento segundo un convenio firmado co Concello, faga nada ao respecto.
O Conselleiro de Cultura comprometérase en novembro de 2014 a facer un convenio co Concello para aportar a metade dos gastos necesarios para a consolidación do edificio (90.000 euros) pero a data de hoxe, cinco meses despois, nada se sabe deste compromiso.
A deputada autonómica, Concepción Burgo, preguntará mañá no Parlamento de Galicia sobre os continuos incumprimentos do Goberno da Xunta en relación ao Cuartel de San Fernando en Lugo.
Segundo a deputada autonómica, o edificio atópase nunhas condicións deplorables, sen que a Xunta de Galicia, responsable do seu mantemento, faga nada ao respecto. Unha actuación claramente indigna do Goberno de Feijoo e falta de toda lealdade institucional, pois había un convenio co Concello a través do que o Goberno galego se faría cargo desta infraestrutura
Ante esta situación de abandono foi o Concello o que por iniciativa propia encargou un informe para coñecer os traballos máis urxentes para proceder á consolidación deste importante patrimonio da cidade e de Galicia. O custo das obras que eviten o seu desmoronamento ascenden a 181.000 euros, orzamento que o PSOE considera que non ten que asumir o Concello en solitario.
O Conselleiro de Cultura comprometérase en novembro de 2014 a facer un convenio co Concello para aportar a metade dos gastos necesarios para a consolidación do edificio (90.000 euros) pero a data de hoxe, cinco meses despois, nada se sabe deste compromiso. Por iso, dende o grupo parlamentario socialista solicitan información sobre as intencións de cumprir coa promesa de asinar o convenio que permita consolidar o Cuartel de San Fenando.