A limitación de persoal, que ven dada pola Lei de Racionalización e Sostibilidade, aprobada polo PP, obriga ao Concello a suplilo con horas extraordinarias. “O límite está na prestación do servizo e na garantía de que este se desenvolva correctamente”, subliñou Piñeiro

O Concelleiro de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro, pediulle este martes ao Grupo Municipal de Cidadáns que deixe de sementar dúbidas do labor da plantilla municipal e pídelle respecto polo traballo e profesionalidade dos traballadores e traballadoras municipais, despois de que dita formación política criticara o pago de horas extras a un servizo.

Nesta liña, o edil lembrou que “a limitación de persoal, que ven dada pola Lei de Racionalización e Sostibilidade, aprobada polo Partido Popular, obríganos a suplilo con horas extraordinarias”. E aínda moito máis, cando, ao mesmo tempo, se incrementan as competencias para os traballadores e traballadoras e se reduce o persoal. “O límite está na prestación do servizo e na garantía de que este se desenvolva correctamente”, concluíu Piñeiro, quen lle suxire a Cidadáns que deixe de pór en tela de xuízo o traballo realizado pola plantilla do Concello.