Ana Prieto convidou aos populares a facer unha oposición constructiva e a abandonar a “rutina de críticas demagogas coas que unicamente consegue prexudicar a Lugo”
O Goberno local pídelle cordura ao Grupo Municipal do Partido Popular ante as “críticas infundadas” que está a realizar ao proxecto que o Concello de Lugo presentou ás axudas europeas de Desenvolvemento Urbano Sostible Integrado (DUSI) e que marcará unha nova etapa no desenvolvemento da cidade. “É o momento de traballar, non de oportunismos”. Así o manifestou a Concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico, Ana Prieto, logo de que de o Partido Popular cuestionara primeiro o procedemento do proxecto, logo a súa elaboración e o último, o seu contido.
“Resulta irresponsable que o PP cuestione se o documento está completo ou non, cando aínda non o consultou en profundidade e nun momento no que o financiamento está escaso como actual”, asegurou a edil, quen fixo fincapé en que o proxecto presentado polo Goberno responde a todas e cada unha das liñas estratéxicas recollidas na convocatoria e ao modelo de cidade que o Goberno ten para Lugo.
Neste senso, Prieto convidou ao PP a realizar unha oposición constructiva e a abandonar a “rutina de críticas demagogas coa que unicamente consegue prexudicar a Lugo, aínda que a iso xa estamos acostumados co Partido Popular, pois non ten nin propostas positivas para a cidade nin valor para reclamar ante a Xunta e o Goberno central o que por xustiza lle pertence a Lugo”.
“Lugo camiña cara un novo modelo de cidade. Non vamos permitir que o PP xogue co futuro da cidade con declaracións irresponsables. É momento de traballar e non de oportunismos”, indiciu Prieto.