Emenda presentada esta mañá á proposta en apoio ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar e que foi aceptada, instando á Xunta de Galicia, que é quen ten as competencias, a que, entre outras actuacións, desenvolva accións e programas con carácter complementario ás prestacións contidas no programa individual de atención tales como asesoramento, acompañamento activo, orientación, asistencia e formación en tecnoloxías de apoio e adaptacións, que contribúan a facilitar a realización das actividades da vida diaria baixo o paradigma de atención sociosanitaria centrado na persoa, pero tamén a regular a intensidade dos servizos de prevención do SAAD, adecuándoa á realidade territorial da nosa comunidade autónoma, así como a asumir a totalidade do gasto orzamentario do SAF atendendo ás competencias que lle son propias.
ACORDO
- Instar á Xunta de Galicia que, no desenvolvemento das súas competencias amparadas polo Real Decreto 1051/2013, do 27 de decembro, polo que se regulan as prestacións do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, establecidas na Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia:
2.1 Desenvolva accións e programas con carácter complementario ás prestacións contidas no programa individual de atención tales como asesoramento, acompañamento activo, orientación, asistencia e formación en tecnoloxías de apoio e adaptacións, que contribúan a facilitar a realización das actividades da vida diaria baixo o paradigma de atención sociosanitaria centrado na persoa.
2.2 Regule a intensidade dos servizos de prevención do SAAD, adecuándoa á realidade territorial da nosa comunidade autónoma no seu correspondente ámbito competencial.
2.3 Asuma a totalidade do gasto orzamentario do SAF atendendo ás competencias que lle son propias. - Instar á Xunta de Galicia no ámbito das súas competencias a:
3.1 Contribuír ao establecemento dun convenio laboral digno, respondendo ás necesidades de adecuación salarial digna, non só no referido ao incremento do IPC senón tendo en conta as características do servizo que se presta.
3.2 Promover un convenio digno en canto a condicións laborais e desempeño do mesmo, atendendo ás demandas das diferentes categorías profesionais que conforman o servizo.
Audio da concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, sobre a emenda presentada.