Así o reivindicou esta tarde Lara Méndez nun encontro con veciños en San Xoán do Campo
“España será o país das oportunidades reais a partir do vindeiro 26 de xuño da man de Pedro Sánchez, ao igual que o foi dos dereitos e das liberdades con Felipe González e Zapatero”. Así o reivindicou Lara Méndez este luns nunha xuntanza con veciños e veciñas no local social de San Xoán do Campo, ata onde se achegou esta tarde para chamar á veciñanza a votar ao Partido Socialista e a Pedro Sánchez este domingo, “como garantía de cambio e de futuro”.
“Os socialistas somos os únicos que demostramos capacidade de diálogo onde gobernamos”, asegurou a rexedora na xuntanza, ao tempo que lembrou que Pedro Sánchez foi o único que tentou formar goberno. Na liña da vontade de diálogo, Lara Méndez aproveitou para lembrar a aprobación dos orzamentos do Concello a pesar da pluridade da Corporación Municipal. “O cambio os socialistas demostrámolo con feitos”, concluíu.