Confirma que presentará distintas preguntas na Cámara galega, co fin de que o PP dea as explicacións oportunas, xa que resulta inadmisible que os nosos maiores poidan vivir en tales condicións nun centro financiado con fondos públicos
Este é o paradigma de antipolítica social máis claro que pode levara a cabo un Goberno. Lonxe de mellorar a súa calidade de vida e de coidalos, o único que fai é tomar decisións que dificultan, e moito, a posibilidade de que poidan vivir con tranquilidade e sosego. Non se pode primar o interese económico dun negocio fronte á importancia de que unha persoa maior estea ben atendida, insiste
Considera que o Goberno da Xunta pasará á historia por ser o Goberno máis insolidario xamais visto e por ser o Goberno que máis discriminou aos lucenses. A Feijóo debería de darlle vergoña, subliña
Alerta de que de nada nos serve que, dado que hai unhas eleccións de por medio, nos veñan dentro dalgún tempo con logros e promesas. Os feitos, son feitos, e en Lugo os feitos son que Feijoo incumpriu sistematicamente dende 2009 a súa palabra con Hemodinámica, reduciu a autonomía dos Hospitais coa xestión integrada, pechou camas e servizos, eliminou profesionais e baixou os brazos na asistencia aos maiores
O deputado autonómico Juan Carlos González Santín-, pedirá explicacións á Xunta de Galicia, no vindeiro Pleno do Parlamento, polo escandaloso abandono que están a sufrir os residentes de As Gándaras, tal e como fixo público o propio Comité de Empresa no día de hoxe. Neste senso, confirma que presentará distintas preguntas na Cámara galega, co fin de que o Partido Popular dea as explicacións oportunas, xa que resulta inadmisible que os nosos maiores poidan vivir en tales condicións nun centro financiado con fondos públicos e que, por riba, a Consellería de Traballo teña a desfachatez de afirmar que os afectados reciben os coidados necesarios.
Sinceramente, e falo como cidadán e non como político, paréceme unha situación tan grave, tan inxustificable e tan inxusta que non sei como esta Xunta de Galicia se atreve pisar esta cidade e mirarlle aos ollos aos lucenses. Asimesmo, lamenta que, unha vez máis, se demostre que o Partido Popular lle preocupa todo, menos a xente. En Lugo sabémolo ben, sabémolo con Hemodinámica, sabémolo con Radioterapia, sabémolo cos medicamentos da Hepatite C e, agora, semella que tamén lle chegou a quenda aos nosos maiores. A que traxedia sanitaria e asistencial nos quere levar este Goberno de Feijóo?, pregúntase Santín.
Antipolítica social
Este é o paradigma de antipolítica social máis claro que pode levara a cabo un Goberno. Lonxe de mellorar a calidade de vida e de coidar aos maiores, o único que fai é tomar decisións que dificultan, e moito, a posibilidade de que poidan vivir con tranquilidade e sosego. Non se pode primar o interese económico dun negocio fronte á importancia de que unha persoa maior estea ben atendida, insiste González Santín.
O Goberno máis insolidario xamais visto
Por todo elo, o secretario Provincial considera que este Goberno de Feijóo pasará á historia por ser o Goberno máis insolidario xamais visto. E é que despois de toda a unha vida traballando, estas persoas atópanse desamparadas e atacadas por unha xestión inaceptable. Hai que pensar que este mesmo centro tamén foi hai pouco tempo un importante foco de lexionela… Por iso, agardamos que dean a cara, porque xa anuncio que non nos vai servir outra resposta que non sexa a de arranxar esta situación e que garantan unha boa calidade de vida a estas persoas, subliña.
A Feijóo debería de darlle vergoña
Sinceramente, á calquera presidente da Xunta que, nunha cidade como a de Lugo, na que se reprobou á unha das súas conselleiras como persoa non grata, e que agora outro membro do seu equipo manifeste tal insolidariedade, debería darlle vergoña. Sabemos que este Goberno de Feijóo é o Goberno das contas e o Goberno da caixa, pero tamén sabemos que é o Goberno que máis discriminou aos lucenses. Por iso, engade, de nada nos serve que, dado que hai unhas eleccións de por medio, nos veñan dentro dalgún tempo con logros e promesas. Os feitos, son feitos, e en Lugo os feitos son que Feijoo incumpriu sistematicamente dende 2009 a súa palabra no que se refire a Hemodinámica, reduciu a autonomía dos Hospitais provinciais coa xestión integrada, pechou camas e servizos, eliminou profesionais e baixou os brazos na asistencia aos maiores.