“Os lucenses sentímonos enganados. O Partido Popular, nos últimos días, quixo aclarar que non é un proxecto perdido, senón posposto. O certo é que o horizonte para que se convirta en realidade alónxase cada vez máis. Queremos saber se a Consellería, como parte asinante do acordo, foi cómplice da decisión do silencio do Ministerio”, afirma

Pedirá que os Gobernos autonómico e central cumpran o compromiso asumido en 2010 co Concello de Lugo, xa que Feijóo dixo publicamente que, se era necesario, garantizaría fondos propios para o AVE a Lugo. Pola súa banda, o Presidente de ADIF e o Conselleiro de Infraestruturas, defendían que a Intermodal estaba a ser chamada a central de comunicacións da provincia

As demandas do Grupo Parlamentario Socialista enmárcanse na campaña iniciada hai unhas semanas polo PSOE logo de que Ricardo Varela e José Blanco descubrisen, a través da documentación facilitada polo Ministerio, a decisión unilateral do departamento estatal, que supón borrar a Lugo do mapa da Alta Velocidade

Co obxectivo de que Fomento reconsidere a súa postura, Varela e Blanco tamén esixirán no Senado e no Congreso que este departamento reanude as obras na variante de A Pobra de San Xillao

O deputado autonómico –Juan Carlos González Santín- esixirá mañá, mércores, no Parlamento de Galicia, ao Goberno galego que emprenda as medidas que sexan necesarias para que o Executivo estatal recupere o proxecto da Intermodal e cumpra o compromiso asumido en 2010, a través do convenio asinado polo departamento do Estado, Xunta e Concello de Lugo para a construción desta infraestrutura. “Os lucenses sentímonos enganados. O Partido Popular, nos últimos días, quixo aclarar que non é un proxecto perdido, senón posposto. O certo é que o horizonte para que se converta en realidade alónxase cada vez máis. Queremos saber se a Consellería, como parte asinante do acordo, foi cómplice da decisión do silencio do Ministerio”, afirma González Santín.

As demandas do Grupo Parlamentario Socialista enmárcanse na campaña iniciada hai unhas semanas polos socialistas logo de que o senador lucense –Ricardo Varela- e o deputado no Congreso –José Blanco- descubrisen, a través da documentación facilitada polo Ministerio, a decisión unilateral do departamento estatal de suspender o contrato da Intermodal en 2012, o que supón borrar a Lugo do mapa da Alta Velocidade.

“A Xunta e o Ministerio teñen que cumprir a súa palabra”
“A Xunta e o Ministerio teñen que cumprir a súa palabra”, defende o deputado autonómico. A este respecto, alude ás declaracións realizadas polos seus representantes na sinatura do acordo, e nas que ratificaban o apoio a esta infraestrutura, como paso previo á chegada do AVE á provincia.

O Partido Socialista, “un Goberno comprometido”, puxo en marcha en 2010 o proxecto de construción da Intermodal, deixando este documento adxudicado por valor de 630.000 euros. Naquel momento, o Presidente de Adif –Antonio González Marín- aseguraba “este será un elemento arquitectónico de referencia y un primer aperitivo para los visitantes de la ciudad”. Así mesmo, González engadía “este es un ejemplo más del compromiso del Ministerio de Fomento con la llegada del AVE a Lugo y a Galicia…” E, o Conselleiro de Infraestruturas, lembra o deputado socialista: “la estación intermodal está llamada a ser la central de comunicaciones de la provincia”. Posteriormente, Feijóo “chegou dicir que se era necesario garantizaría fondos propios para o AVE a Lugo. Por iso pediremos que se reanude o proxecto e se faga xustiza”, subliña González Santín.

Inciativas tamén no Congreso e no Senado
Mentras a ansiada Intermodal se alonxa, a terminal ferroviaria deteríorase e, a de autobuses, precisa un lavado de cara para dar unha imaxe máis moderna da cidade. Por este motivo, e dada a importancia que supón esta infraestrutura para o futuro da provincia, os deputados no Senado e no Congreso tamén presentarán unha moción e unha proposición non de lei, respectivamente, a través das que instarán ao Goberno a reanudar, de xeito inmediato, as obras na variante de Pobra de San Xiao, que levan meses paralizadas.