Presentará mañá distintas preguntas na Cámara galega, co fin de que o Partido Popular dea as explicacións oportunas sobre as condicións inadmisibles nas que están a vivir os maiores nun centro financiado con fondos públicos
O deputado socialista xa denunciara fai un par de semanas esta grave situación, e que demostra que ao Partido Popular lle preocupa todo, menos a xente. En Lugo sabémolo ben, sabémolo con Hemodinámica, sabémolo con Radioterapia, sabémolo cos medicamentos da Hepatite C e, agora, semella que tamén lle chegou a quenda aos nosos maiores.
González Santín afirma que o Goberno de Feijoo caracterízase pola súa insolidariedade, xa que despois de toda a unha vida traballando, estas persoas atópanse desamparadas e atacadas por unha xestión inaceptable.
O deputado autonómico Juan Carlos González Santín-, levará ao Pleno do Parlamento mañá, mércores 11 de marzo, unha solicitude de explicacións por parte da Xunta de Galicia do escandaloso abandono que están a sufrir os residentes de As Gándaras, tal e como fixo público o propio Comité de Empresa a finais do mes de febreiro. Presentará mañá distintas preguntas na Cámara galega, co fin de que o Partido Popular dea as explicacións oportunas sobre as condicións inadmisibles nas que están a vivir os maiores nun centro financiado con fondos públicos e engade que, por riba, a Consellería de Traballo teña o descaro de afirmar que os afectados reciben os coidados necesarios.
O deputado socialista xa denunciara fai un par de semanas esta grave situación, e que demostra que ao Partido Popular lle preocupa todo, menos a xente. Neste senso, indicou que en Lugo sabémolo ben, sabémolo con Hemodinámica, sabémolo con Radioterapia, sabémolo cos medicamentos da Hepatite C e, agora, semella que tamén lle chegou a quenda aos nosos maiores. Segundo Santín, o Goberno de Feijoo parece querer levarnos a unha traxedia sanitaria e asistencial.
Lonxe de mellorar a calidade de vida e coidado dos maiores, o único que fai o goberno do PP é tomar decisións que dificultan a posibilidade de que vivan con tranquilidade e sosego. González Santín denuncia que non pode primar o interese económico dun negocio fronte á importancia da boa atención dos nosos maiores.
Xestión insolidaria e inaceptable
Por todo isto, o secretario Provincial do PSOE afirma que o Goberno de Feijoo caracterízase pola súa insolidariedade, xa que despois de toda a unha vida traballando, estas persoas atópanse desamparadas e atacadas por unha xestión inaceptable. O deputado autonómico pediu aos populares que dean a cara, e busquen solucións a unha situación inadmisible e garantan a calidade de vida das persoas.