Estas foron unhas datas moi intensas nas que fixen un gran esforzo por non desatender as miñas obrigas na rede, por iso, quero darvos as gracias por seguir aí.
Gracias tamén a todos os veciños e veciñas que fixeron das eleccións unha gran festa democrática con alta participación e, especialmente, a todos aqueles que apoiaron as propostas do equipo que lidero. Un proxecto de traballo que está repleto de novas ideas para que Lugo gañe e siga medrando, son ideas feitas dende a ilusión e as gañas de avanzar nesa calidade de vida que queremos para os lucenses. Moitas gracias por recoñecer o traballo realizado e por apostar por todo o que nos queda por facer.
Agora comeza un periodo de reflexión, de negociación para formar goberno, e seguirei mantendo o compormiso que asumín con todos vós. Sempre dixen, non é unha frase nova en min, que aquel que non saiba pactar, que non saiba chegar a acordos en política, debe retirarse. Os lucenses o 22 de maio falaron e dixeron que non querían maiorías absolutas en Lugo, dixeron que querían que os grupos con representación municipal se entendesen. Así o faremos, tendo como único obxectivo que a cidade de Lugo siga avanzando. Está claro que isto non se para.