Infraestruturas

O proxecto da Segunda Transformación de Lugo dótase de novas infraestruturas con uso de madeira e dun consumo enerxético case cero que da continuidade ao modelo urbano polo que apostamos desde o Concello na loita activa contra o cambio climático.  

ACTUACIÓNS 2019-2023

Desdobramento Duquesa de Lugo

O desdobramento redunda directamente na mellora da seguridade viaria, xa que as obras posibilitaron non só a ampliación da calzada, senón tamén a creación de itinerarios accesibles en ambas marxes.

Rotonda N-VI

Nova rotonda para maior comodidade, seguridade e axilidade para asumir o tráfico rodado; unha media de 20.000 vehículos diarios, unha vía, polo tanto, moi utilizada, que ademáis conecta, non só o entorno do Miño, senón tamén infraestruturas tan importantes como o propio campus lucense, o hospital veterinario Rof Codina ou o Pazo dos Deportes.

Ascensor Sagrado Corazón

Investimento de 240.000 euros que mellorou notablemente a mobilidade urbana na zona ao eliminar unha diferencia de cota de 11 metros de altura entre as rúas da contorna

Caldas do Miño

A contorna fluvial da cidade conta cun novo revulsivo cultural, de recreo e turístico coa apertura e posta en funcionamento das Caldas do Miño, un equipamento de uso público pensado para a relaxación e as relacións sociais.

Zona Pública de Baño

Instalamos unha estrutura flotante de baño pública no Miño, que dá resposta a unha demanda histórica, ademais, humanizamos a zona coa dotación de equipamentos para mellorar a estancia dos usuarios, así como a mellora dos parques infantís. A Xunta bloqueouna xa que nunca tivo intención de permitir que a plataforma de baño sexa unha realidade. Menosprezando o clamor social que existe na cidade sobre esta dotación senón que a súa intención é, precisamente, dilapidar o seu cumprimento privando á veciñanza de exercer o seu dereito a bañarse no río en condicións de seguridade e con maior accesibilidade.

C. Social Paco Martín

Damos resposta a unha débeda que tiñamos coa Piringalla desde hai máis dunha década xa que este obra, que comezou a construírse no 2010, sufriu un parón tras estar inmersa nun proceso xudicial, que foi resolto finalmente en favor do Concello, e que logo necesitou dun reformado, dunha adaptación ás novas necesidades do barrio e da súa adecuación ao PXOM

Impulso Verde

Edificio público, un referente da nova edificación sostible, que representa o papel de impulso que podemos desenvolver desde as administracións para mellorar medioambientalmente as nosas cidades a través da construción: co uso da madeira fronte o formigón e o aceiro

C. Social Castiñeiro-Abella

Novo centro que atende as necesidades dos colectivos vulnerables e conta con espazos polivalentes para que poidan ser usados para actividades interxeracionais de toda a poboación. O centro dispón de zonas multifunción con tabiquería móbil, unha sala para actuacións con apertura tamén ao exterior e unha gran pantalla de cine para ampliar a oferta á cidadanía.

C. Convivencia Fingoi

Renovamos o centro co illamento térmico da fachada e dos falsos teitos e substitución da carpintería das xanelas e a pintura do edificio : ✅ Reducimos os consumos ✅ Aforramos custes ✅ Melloramos a habitabilidade e confort das persoas usuarias.

Coliving Artístico

Esta actuación recupera a vivenda e inclúe un novo edificio para exposicións e a a creación de 3.000 m² de zonas verdes como espazo cultural aberto. Potenciando o Camiño Primitivo como experiencia turística innovadora e poñer en valor o emblemático barrio do Carme.

APARCADOIROS

Rúa Novo Freire, Polvorín

28 Prazas

M Portela, Garabolos

46 Prazas

Manuel María, Piringalla

28 Prazas

Rúa Xosé Fdez, Milagrosa

28 Prazas

Paradai de Arriba

46 Prazas

Jacinto Calvo/Rúa Galicia

30 Prazas

3x2

Modificamos o contrato para adaptar as dimensiónsos das prazas dos tres estacionamentos públicos soterrados (Prazas da Constitución, Ferrol e Santo Domingo) para maior comodidade

HULA

Adxudicados os traballos para habilitar 3⃣4⃣0⃣ novas prazas de estacionamento gratuíto na contorna do HULA. No anterior mandato creáronse outras 513 novas prazas cun novo estacionamento e repintado dos existentes

Estación de Tren

150 Prazas.

Pedro Glez/Jacinto Calvo

15 Prazas

Repintado

51 novas prazas en Río Mandeo, Rúa do Pomar, Ronda do Carmen e Rúa Amizade co repintado dos espazos en batería.

Fogar de Sta María(Rolda Muralla)

165 Prazas

O Carme

Habilitaremos ao redor de medio cento de prazas de estacionamento gratuíto na traseira da Capela do Carme.