O Portavoz Socialista, Luis Álvarez, agarda que Jaime Castiñeira lle reclame á Xunta todas as necesidades que faltan por cubrir no HULA e que non só quede nunha foto
O Portavoz Socialista, Luis Álvarez, destacou a difusión a bombo e platillo dalgunhas iniciativas da Xunta como a recente posta en funcionamento parcial dun servizo moi demandado pola cidadanía de Lugo como é o servizo de Hemodinámica no HULA, acto que tentou rendibilizar o Voceiro do PP no Concello, Jaime Castiñeira.
Álvarez ironizou respecto da presenza destacada de Castiñeira no acto do Hospital dando un aviso público ós cidadáns, ós que advertiu de que nesta foto hai un que non é médico, supoño que non se atrevería a emitir ningún ditame médico, pero saiban que este que aparece permanentemente sorrinte nas fotografías non é médico.
O Portavoz Socialista tamén agarda que Jaime Castiñeira lle reclame á Xunta todas as necesidades que faltan por cubrir no HULA e que non só quede nunha foto, en referencia a que o Hospital aínda segue carecendo duns servizos sanitarios básicos para a poboación lucense, como son os de Hemodinámica as 24 horas, Radioterapia e Medicina Nuclear.