O candidato socialista considera fundamental que os futuros emprendedores vexan no rural un campo de emprego importante e aínda sen explotar.

O outro paquete de medidas xiran en torno á mellora da calidade de vida dos universitarios que opten por estudar no campus de Lugo.

José López Orozco, candidato do PSdG-PSOE de Lugo, presentou na Facultade de Ciencias, as súas propostas do programa electoral. Fixo especial fincapé nas relacionadas coa educación e cos emprendedores, o eixo transversal de toda a súa xestión de goberno.

Desta maneira, López Orozco, dividiu as súas propostas neste eido en dúas partes: a referida á facilitar a vida dos universitarios e unha segunda centrada na creación de emprego xa que “non se pode ser alcalde desta cidade se non se teñen en conta os 8.900 persoas que están apuntadas nas listas de desempregados.”

Para facilitar a vida diaria dos universitarios, a través de medidas do Concello, López Orozco, propuxo a creación de convenios coa USC para que os universitarios teñan facilidades á hora de usar as novas instalacións deportivas que se van levar a cabo no sur da cidade e para que, aqueles que teñan fillos, poidan deixalos nas escolas infantís municipais.

O candidato socialista tamén insistiu na importancia de facer que Lugo sexa unha cidade de referencia en cursos de español a nivel mundial, na que se facilitará, a través dunha rede de información, unha serie de facilidades e descontos aos alumnos estranxeiros que queiran facer un curso oficial de español e galego en Lugo. Deste maneira, potenciarase o turismo e os visitantes na cidade.

José López Orozco, tamén fixo referencia ás medidas en materia de vivenda, así presentou un “Plan de Vivenda Mozo” no que se posibilitará, xunto con outras administracións, a independencia familiar dos máis novos creando políticas que faciliten a adquisición e aluguer a menores de 35 anos.

O segundo paquete de medidas están referidas a materia de emprego e economía xa que para López Orozco, é fundamental que os universitarios recén titulados teñan facilidades para a súa incorporación no mercado laboral. Desta maneira, fixo referencias a varias medidas como a intermediación entre emprendedores que busquen locais e propietarios de inmobles desocupados; a posta en marcha da Escola de Emprendedores; fomentar a sucesión de empresas para evitar o seu peche ou a potenciación de innovación entre o empresariado lucenses mediante xornadas e cursos de formación.

Especial mención tivo o proxecto, Campus 2015 en colaboración coa Deputación de Lugo, un proxecto que permitirá o desenvolvemento do Campus con novas edificacións que sirvan para o encontro da iniciativa privada e pública.

Para os socialistas o rural importa, polo que presentou unha serie de programas orientados a evitar o despoboamento da zona rural. Baixo o nome “Mocidade Emprendedora Rural”, dirixido a persoas entre 18 e 35 anos, recóllense unha serie de melloras e facilidades para aumentar o nivel da calidade de vida no rural e, así, conseguir que sexa máis atractivo para este sector de idade.

En esta materia, López Orozco, tamén propuxo potenciar a produción de cultivos e prácticas gandeiras ecolóxicas e de alta calidade coa finalidade de dinamizar o sector agrario mediante convenios entre a USC e o CETAL.

O candidato socialista deixou claro a súa oposición á supresión do Master de Enxeñería prometendo que o “Concello terá estará representando na manifestación de mañá”.