A economía e o emprego son as principais preocupacións dos socialistas de Lugo
Un día despois da aprobación da lista de candidatos do PSdG-PSOE de Lugo, o candidato e Alcalde, José López Orozco convocou a primeira reunión de traballo na que estaban presentes todos os membros que o acompañan na candidatura do 22 de maio.
Como declarou López Orozco temos a estes homes e mulleres que deron un paso ao fronte por nada, unicamente unha vocación de servizo aos cidadáns baixo as siglas do partido socialista. Suliñou que van traballar para que Lugo sexa esa cidade coa que todos soñamos. Para López Orozco,hai que seguir tendo soños e para iso hai que estar locos de amor por esta cidade, locos porque temos ilusión, forza, interese, ganas de traballar e, sobre todo, temos ideas para poder achegar e compartir cos lucenses.
En palabras de José López Orozco esta reunión de traballo ten como fin ir tomando contacto con cada un dos membros da candidatura e cos veciños e veciñas de Lugo porque faremos unha campaña a pé de rúa cos lucenses. Para o candidato socialista a nosa visión é servir a Lugo e todos estamos comprometidos nese traballo para que a cidade siga medrando e mellorando.
Campaña positiva por e para Lugo
No referente á campaña electoral, López Orozco destacou que imos facer unha campaña electoral volcada en Lugo. Nós imos facer finacapé nos problemas e solucións para Lugo. Esas solucións só se poden atopar coa colaboración doutras administracións que teñen a mesma obriga que nós, servir aos cidadáns.
Nesta xuntanza quedou claro que o Partido Socialista de Lugo non vai facer unha campaña a través do insulto ou da descualificación porque, segundo López Orozco non soluciona ningún dos problemas, só separa o que queremos unir.
Tamén interviu José Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación de Lugo e número 2 da candidatura, que destacou que o alcalde non utilizou en ningún momento a palabra eu, xa que para os socialistas, o importante non é o eu, senón o nós, fronte aos que din eu farei e non fan, referíndose ao candidato popular, estamos os que facemos. Gómez Besteiro explicou que os problemas dos veciños son os nosos problemas e o emprego e a economía van a ser a nosa prioridade.
Gómez Besteiro tamén se referiu a que nós solo nos debemos aos nosos veciños que son os que nos van evaluar o 22 de maio. Ademais de remarcar a importancia que ten a colaboración entre a Deputación e o Concello para a mellora de todos os lucenses, manifestou que a unión entre ambas entidades foi boa para esta cidade, xa que os problemas dos veciños son os nosos problemas.
Proxecto de futuro
José López Orozco referindose á época actual dixo que estamos nun momento economicamente complicado pero tamén e certo que non lle temos medo ao futuro, porque estivemos facendo que aqueles problemas máis importantes que tiña a cidade se resolveran. Neste sentido lembrou as melloras das infraestruturas, a construción da nova ponte, os paseos arredor do Rato e do Miño, os centros cívicos no rural e na cidade, as melloras nos centros deportivos. Para o candidato socialista, estamos en boas condicións para afrontar o futuro, un futuro que podemos abordalo con forza e ilusión e sabendo que os nosos problemas teñen solución.
Emprego e economía
O emprego e a economía son as prioridades desta candidatura e así o explicou López Orozco, un dos problemas que máis nos preocupan é o tema do paro, no que non temos competencias pero por este feito non queremos ser considerados incompetentes. Dende o Concello e buscando financiación europea buscamos fórmulas para crear emprego e formar aos nosos traballadores e esa é para nós a máxima preocupación.
Austeridade non equivale a miseria
Da mesma maneira, fixo fincapé na preocupación polo baleiro do Parque Empresarial das Gándaras e o seu futuro xa que nos preocupa o tema do solo industrial, nós cremos que unha administración non pode ganar tanto diñeiro como pretende a Xunta, estamos nunha época de austeridade pero iso non significa que teña que haber miseria.
López Orozco lembroulle á Xunta que é o momento de apostar pola cidadanía a Xunta de Galicia ten que facer un esforzo, que non é máis que deixar de ganar tanto diñeiro para que Lugo teña solo industrial ao mesmo prezo que outras cidades.